Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/index.php:1) in /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/libraries/joomla/session/session.php on line 462

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/index.php:1) in /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/libraries/joomla/session/session.php on line 462

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/index.php:1) in /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/plugins/system/languagefilter/languagefilter.php on line 76
Páxina oficial do SD Arrabaldo - FUTBOL: Noraboa a todolos equipos do Arrabaldo
Company Logo

Patrocinadores

Buscar Articulo

SD Arrabaldo

FUTBOL: Noraboa a todolos equipos do Arrabaldo

Noraboa os responsables da Comisión deportiva (Pablo e Alfonso) e os adestradores: Sueco, Morenza, Dacal e Mazorra. Consideramos oportuno facer este análise dos resultados obtidos polos equipos de fútbol pertencentes a este club no que vai de tempada. O equipo senior está loitando polo titulo de liga, mentras que o resto de equipos Xuvenil, Cadete e Infantil están loitando por meterse entre os 5 primeiros de cada categoría. Incluso o xuvenil B está conseguindo os obxectivos que nos marcamos, formar xogadores para o primeiro equipo, sobre todo de cara a próxima tempada.

 

SENIOR:

O equipo adestrado por Sueco, está marcando diferencias sobre o resto de equipos, pois está a 16 puntos do 5 clasificado, o que nos da moitas posibilidades de conseguir o regreso a segunda autonómica. Estan a loitar polo primeiro posto xunto co Piñor (esta a 3 puntos), Moreiras (esta a 7 puntos) e Lodairo, que se descolgou algo (esta a 11 puntos). Temos que recoñecer a melloria do equipo, tanto no deportivo como no comportamento con contrarios e árbitros, que está sendo exemplar e demostrándonos que merecían esta oportunidade.

 

FÚTBOL BASE:

Dende o noso punto de vista o novo sistema de liga, fixo que as ligas de fútbol xuvenil, cadete e infantil foran máis interesantes e competitivas, pois en tódalas categorías varios equipos estanse a xogar verdadeiras finais para loitar polas 5 primeiras plazas. Consideramos que é unha pena que non existan datas suficientes para que a liga que se xogue entre os 5 primeiros equipos de cado grupo non poida ser a doble partido. Consideramos que seria mellor confeccionar dous grupos   de 5 equipos, tendo en conta a clasificación e xogar a liga a duas voltas, clasificándose os dous primeiros de cada grupo.

 

XUVENIL:

Quedan 7 xornadas de liga e unha igualdade moi grande entre os equipos que loitan por estar entre os 5 primeiros clasificados (Ribeiro, Lemos, Calasancio B, Arrabaldo e Pabellón Promesas). Analizando o calendario, consideramos que o Ribeiro xunto co Rúa e Barco ocuparan tres plazas, quedando outras dous para Calasancio B, Lemos, Arrabaldo e Pabellón Promesas. O Club Lemos teno máis doado co resto de competidores, pois soamente ten unha xornada complicada ó enfrentarse co Barco. O resto de equipos (Chantada B, Maside, Ponte B, Ribadavia e Cidade) van peor clasificados. A outra plaza está moi rifada e moi complicada entre (Calasancio B, Arrabaldo e Pabellón Promesas), teranse que enfrentar entre eles e o resto de rivais son idénticos. O Arrabaldo vai o próximo fin de semana a Oira, xogar contra o Cidade ou Ponte C, para logo recibir no Seixo o Pabellón Promesas… Será moi complicado meterse entre os 5 primeiros pero merece a pena intentalo.

 

CADETES:

Gañando o próximo fin de semana o Ribeiro, no Seixo, teremos os puntos suficientes para meternos entre os 5 primeiros. Quedan tan solo dúas xornadas e xogámonos o quinto posto co Calasancio B, que está a 5 puntos. Se non somos capaces de gañar o domingo e o Calasancio, gaña o seu partido co Club Lemos, xogarémonos todo na última xornada de liga en Monforte. Consideramos que temos moitas posibilidades de conquerir a clasificación pois en caso de empate a puntos, no partido de ida gañamos por un claro 5-0.

 

INFANTIS:

Demos a sorpresa o gañar dous partidos seguidos (fora co Chantada e na casa co Arenteiro B) o que nos meteu de cheo na loita por quedar entre os 5 primeiros. Quedan 5 xornadas de liga e moitos equipos con posibilidades (Rúa, Ponte B, Chantada, Arrabaldo, Velle e Pabellón C) soamente están separados por 8 puntos do 3ª clasficado o 8ª. Os de Sta. Cruz están a tan solo 4 puntos do Rúa (3ª clasificado) e a 1 punto do quinto. O noso equipo quédalle xogar, por este orden: fora (Pabellón C, Ribadavia e Calasancio B) e na casa (Pabellón Promesas e Ponte B). Todos equipos moi fortes e ben clasificados salvo o Ribadavia que ainda non gañou un partido. Cerramos a liga co Ponte B no Seixo. Dificil tarefa a de Mazorra pero non imposible.

Se somos capaces de meter tódolos equipos de fútbol entre os 5 primeiros clasificados, seria un éxito total, ainda que a situación actual dos equipos demostra a melloria de todos e o bo traballo feito ata o momento. Pais, Directivos e aficionados témonos que sentir orgullosos de traballo feito.




Powered by Joomla!®. Designed by: joomla 1.7 themes vps hosting Valid XHTML and CSS.