Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/index.php:1) in /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/libraries/joomla/session/session.php on line 462

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/index.php:1) in /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/libraries/joomla/session/session.php on line 462

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/index.php:1) in /hosting/www/arrabaldo.es/joomla/plugins/system/languagefilter/languagefilter.php on line 76
Páxina oficial do SD Arrabaldo - FUTBOL 7: Alevís e benxamíns seguen gañando
Company Logo

Patrocinadores

Buscar Articulo

SD Arrabaldo

FUTBOL 7: Alevís e benxamíns seguen gañando

O equipo alevín de Fabian Yebra, conqueriu unha importante victoria ante o Arrabaldo B por un claro 6-0. Os benxamíns adestrados por Ciqui, tiveron un rival moi forte e complicado no Peroxa a quen gañaron ó final por un 5-1. O equipo benxamín B perdeu en Nogueira por un claro 8-2. Os máis cativos, tamén perderon en Velle por un 4-1.

 

ALEVÍN:   ARRABALDO 6 ARRABALDO B 0

O sábado pola mañá xogouse no campo do Seixo un duelo de rivalidade entre os dous equipos alevíns, desta Escola de Fútbol. Foi un partido entretido, dominado polo equipo A, que marcou as diferencias no marcador e gañou por un claro 6-0, ós rapaces adestrados por Pablo Delgado. Temos que ter en conta a diferencia de idade entre os compoñentes de ambos equipos, pois o equipo alevín B está formado por xogadores de primeiro ano mentras que o equipo A son xogadores de segundo ano.

O equipo de Fabian vai quinto clasificado con tan solo 4 partidos perdidos, a 3 puntos do 3ª clasificado, isto demostra a fortaleza do equipo alevín e o bo traballo feito polo seu adestrador. A Directiva está moi orgullosa do traballo feito por ambos adestradores, sen olvidar a Chayan, que tivo que deixar o equipo B por problemas laborais, e que esperamos siga nesta Escola, cando o traballo volte a permetirlle adestrar equipos de fútbol. Os xogadores do segundo equipo teñen que ter paciencia e confiar no traballo que se está a facer, que esperemos dea os resultados apetecibles para próxima tempada, cando xoguen contra rapaces da súa idade.

 

BENXAMÍNS: ARRABALDO 5 A PEROXA 1

                    NOGUEIRA 8 ARRABALDO B 2

O Peroxa presentouse en Sta. Cruz con gañas de demostrar que saben xogar ó fútbol e de que son un equipo complicado para gañar. Xogaron un gran partido e puxéronlle as cousas moi difíciles ós locais que sufriron para conseguir os 3 puntos. O Arrabaldo de Cique segue sen perder partidos, salvo o xogado en Oira, contra o Ponte D, primeiro clasificado. Seguimos loitando por intentar poñerlle as cousas difíciles ó Ponte e intentar decidir a liga na última xornada , que nos enfrentaremos ó equipo pontino en Sta. Cruz.

O equipo Benxamín B perdeu de forma clara contra o quinto clasificado, en Nogueira. O Nogueira ten equipos moi competitivos e fortes tanto en alevíns como benxamíns.

 

PREBENXAMÍNS: VELLE 4 ARRABALDO 1

Partido xogado no campo de Sta. Marta de Velle, contra un equipo superior que nos gañou de forma contundente e que demostrou a melloria obtida polo Velle. Temos que ter paciencia e seguir traballando forte, pois temos un equipo moi xove e de moito futuro, que seguro para a próxima tempada vainos dar moitas alegrías. Dende esta páxina animar a Marcos e Charly para seguir loitando e seguro que pronto veremos, non solo melloria no xogo, senón tamén nos resultados.




Powered by Joomla!®. Designed by: joomla 1.7 themes vps hosting Valid XHTML and CSS.