Horarios/Sancions
Patrocinadores
Buscar Articulo
SD Arrabaldo
INFANTIS GAÑARON E CADETES PERDERON
Os cadetes perderon de forma clara en Salesianos contra un forte Ourense B por 5-1. O equipo infantil segue a colleitar resultados positivos o que fai que sigan na loita polo 5ª posto da clasificación. Foron moi superiores ó Arenteiro e gañaron 6-0.
INFANTIS: ARRABALDO 6 ARENTEIRO B 0
O equipo de Mazorra, estase facendo moi forte e segue metido de cheo na loita polos 5 primeiros postos da clasificación, xunto co Ponte B, Chantada, Velle e incluso o Pabellón C. Este sábado gañaron de forma clara, despoixa de dominar a un Arenteiro moi loitador. Os de Sta. Cruz teñen a moral alta, e están a dar moitas satisfacións a pais e aficionados últimamente, pois gañaron o pasado fin de semana en Chantada, e este ó Arenteiro. Este equipo leva mellorado moito en xogo, colocación e sobre todo en moral, pois vense capaces de gañar partidos. Este sábado xogaron un partido moi completo, metendo o Arenteiro na súa área e facendo xogadas de moito mérito. O próximo fin de semana teñen un compromiso moi importante e complicado, pois visitan ó Pabellón C, equipo moi xoven que xoga moi ben ó fútbol. Noraboa ó adestrador e xogadores polos triunfos conseguidos e a melloria do equipo.
CADETES: OURENSE B 5 ARRABALDO 1
Os de Pablo viaxaban a Salesianos coa idea de conquerir, como mínimo, o punto que falta para meterse entre os 5 primeiros e sairon derrotados de forma contundente. Os últimos minutos do partido foron desastrosos para os intereses do Arrabaldo. O Arrabaldo está sendo un equipo moi irregular, que baixa moito de forma nos minutos finais dos partidos.

