Horarios/Sancions
Patrocinadores
Buscar Articulo
SD Arrabaldo
XUVENÍS E SENIOR GAÑORON O RIBADAVIA
Importante vitoria do equipo senior en Ribadavia, mentras que os veteranos perderon en Velle de forma contundente. Os xuvenís gañaron con facilidade no Seixo ó Ribadavia, mentras que o Xuvenil B, saiu derrotado de Vilar das Tres, por un claro pero engañoso 6-4 co Sta. Teresita.
3ª AUTONOMICA: RIBADAVIA 0 ARRABALDO 2
Tarde de sol e bo tempo na capital do Ribeiro e campo algo irregular para xogar o fútbol. O pouco público que acudiu O Xestal saiu decepcionado polo floxo partido de ambos equipos. Os de Sta. Cruz conqueriron os tres puntos para seguir na loita polo primeiro posto da clasificación. Fomos a Ribadavia con varias baixas, por tarxetas e lesións. O partido foi algo aburrido, con continuas perdas de balón por ambos equipos, xogo bastante embarullado, sen un claro dominador. O mellor do partido, os dous goles do Arrabaldo, os tres puntos e o debut de Gil, xogador xuvenil que fixo unha boa segunda parte.
XUVENÍS: ARRABALDO 7 RIBADAVIA 0
Partido xogado o sábado pola tarde no campo do Seixo de Sta. Cruz de Arrabaldo con moi bo tempo e bastante público nas gradas. Importantisima victoria, para seguir optando ó quinto posto da clasificación e máis despoixa dos resultados desta xornada, na que gañaron tódolos equipos implicados na disputa. O partido tivo un claro gañador, de principio a fin dos 90 minutos, os de Morenza, dominaron o partido e non peligrou o resultado en ningún momento. O Ribadavia, loitou moito e intentou facerlle frente ó Arrabaldo. O próximo fin de semana vamos a Oira, xogar contra o Cidade de Ourense. Tódolos partidos que nos restan son finais, nunha tremenda loita entre varios equipos (Ribeiro, Lemos, Calasancio, Arrabaldo e Pabellón Promesas) que loitan por 3 plazas.
XUVENÍS: STA. TERESITA 6 ARRABALDO B 4
Partido disputadísimo entre dous equipos que loitaron a tope. As dianteiras impuxÉronse as defensas e poidemos ver un partido moi bonito, apasionante e con moitos goles. Ambos equipos demostraron ter ambición e gañas de conseguir puntos a pesar de que a clasificación de ambos non é moi boa. Estes equipos teñen moita melloria e demostráronno neste partido. Dende o Arrabaldo agradecer a Directiva do Sta. Teresita o comportamento e a colaboración existente entre ambos equipos en tódalas categorías.

