Horarios/Sancions
Patrocinadores
Buscar Articulo
SD Arrabaldo
INFANTIS E CADETES GAÑARON
Tanto o equipo infantil como os cadetes gañaron os seus respectivos partidos. O infantís deron a sorpresa en Chantada, gañando por un claro 2 – 5 ante un equipo moi forte. Os cadetes gañaron con moita dificultade ante un Arenteiro moi bo, por un apretadísimo 2-1.
CADETES: ARRABALDO 2 ARENTEIRO B 1
Partido moi igualado, o xogado o domingo pola mañá no campo do Seixo, entre o Arrabaldo e o Arenteiro B. O primeiro tempo foi de claro dominio do Arrabaldo , que tivo máis a pelota e foi o único que tratou de xogar, un fútbol máis combinativo , pois o Arenteiro adicouse a xogar un fútbol directo. O primeiro gol do encontro, foi obra de Pablo, cun tiro dende fora da área que entrou pola escadra esquerda da portería dos visitantes. O gol do empate do Arenteiro chegou nunha contra despois dun corner, botado por nós e atrapado polo porteiro visitante, iste saca en longo e o balón colleuno Nuno, o mellor xogador deles , que pica o balón e por riba a Rodrigo que se encontraba adiantado , asi chegamos ó descanso 1-1.
No segundo tempo o Arenteiro fixose o dono do patido, nós non fomos capaces de anular o seu xogo directo e eles a base de balóns longos creaban moitos problemas, ata que no último minuto, Marcos Iglesias faise cun balón ó borde da área e fusila ó porteiro do Arenteiro , que non pode facer nada para coller a pelota. Desta maneira ,fixémonos con tres puntos vitais para facernos coa clasificación para o seguinte fase de grupos. Felicitar ó Arenteiro polo gran partido que fixo na mañá do domingo en Sta Cruz e no que mereceu algo máis positivo.
INFANTÍS: CHANTADA 2 ARRABALDO 5
Sorpresa en Chantada, despoixa dun madrugón e de pasar moito frio. Ninguén creía nas posibilidades do equipo adestrado por Mazorra, que foi capaz de xogar un gran partido e traerse os tres puntos para Sta. Cruz. Temos que felicitar a xogadores e adestrador polo gran partido xogado, pola victoria conquerida e sobre todo polo xogo desplegado. Foi unha victoria moi importante, que supuxo poder entrar outra vez na loita por meterse entre os 5 primeiros. Esta victoria dáralle moral ós xogadores e sobre todo ánimo suficiente para crer nas súas posibilidades.

