Horarios/Sancions
Patrocinadores
Buscar Articulo
SD Arrabaldo
FUTBOL 7: BENXAMÍNS GAÑARON OS DOUS
Os equipos de fútbol-7 de Sta. Cruz, conseguiron resultados esperanzadores este fin de semana (14/01/12), sobre todo temos que destacar a melloria dos xogadores e equipos. Os equipos alevíns perderon os respectivos partidos en Chantada e Carballiño, os benxamíns gañaron os dous a Calasancio e Sta. Teresita e os prebenxamíns perderon de forma clara co Pabellón.
ALEVÍNS: CHANTADA 5 ARRABALDO 3
ARENTEIRO B 10 ARRABALDO B 1
O equipo de Fabian, viaxou a Chantada para enfrentarse a un equipo moi forte e mellor clasificado. O partido estivo moi igualado con alternativas no marcador, con xogadas moi bonitas e ocasións de gol de ambos equipos. O final o equipo da casa resolveu o partido que rematou cun 5 – 3 a favor dos chantadinos. O equipo de Sta. Cruz loitou moito e fixo un meritorio partido poñendo en apuros a un gran equipo, felicidades a xogadores e adestrador pola melloria conseguida individual e colectivamente.
O equipo de Pablo Delgado, tamén viaxaron o Carballiño para xogar contra o Arenteiro. Foi un partido de claro dominio de xogo e goles do equipo local. Os de Sta. Cruz seguen mellorando moi lentamente, con paciencia e adestramentos conseguiremos os obxectivos que nos plantexamos: ” que seamos capaces de xogar en equipo e mellorar individualmente no control do balón”.
BENXAMÍNS: CALASANCIO B 1 ARRABALDO 7
ARRABALDO B 7 STA. TERESITA 4
O equipo de Ziqui, segue gañando partidos e conseguindo puntos para intentar facerlle frente o Ponte Ourense na loita polo titulo desta categoría. Gañamos un partido moi complicado, nun campo onde costa moito conseguir puntos. Os do Arrabaldo estiveron ben posicionados e foron superiores o equipo local, o final gañaron claramente por 1 -7.
O equipo de Borja Masid, conseguio o primeiro triunfo da liga, ante un difícil Sta. Teresita. Foi un partido dominado polo equipo local de principio a fin, con esporádicos contraataques dos visitantes. Moi bo traballo o que esta a facer Borja, con estes rapaces que melloran moito co paso dos adestramentos. Gran esforzó o feito polo equipo do Sta. Teresita, que loitaron e intentaron gañar o partido.
PREBENXAMÍNS: ARRABALDO 0 PABELLÓN 13
Pouco que contar dun partido cun claro gañador. O pabellón voltou a ser moi superior o Arrabaldo e gañaron con facilidade e contundentemente . Temos que destacar a melloria individual e como equipo dos xogadores do Arrabaldo e o traballo que están a facer tanto Marcos como Charli.
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE
-
CLICK_TO_ENLARGE
CLICK_TO_ENLARGE

