Horarios/Sancions
Patrocinadores
Buscar Articulo
SD Arrabaldo
FUTBOL: Noraboa a todolos equipos do Arrabaldo
Noraboa os responsables da Comisión deportiva (Pablo e Alfonso) e os adestradores: Sueco, Morenza, Dacal e Mazorra. Consideramos oportuno facer este análise dos resultados obtidos polos equipos de fútbol pertencentes a este club no que vai de tempada. O equipo senior está loitando polo titulo de liga, mentras que o resto de equipos Xuvenil, Cadete e Infantil están loitando por meterse entre os 5 primeiros de cada categoría. Incluso o xuvenil B está conseguindo os obxectivos que nos marcamos, formar xogadores para o primeiro equipo, sobre todo de cara a próxima tempada.
FUTBOL 7: Alevís e benxamíns seguen gañando
O equipo alevín de Fabian Yebra, conqueriu unha importante victoria ante o Arrabaldo B por un claro 6-0. Os benxamíns adestrados por Ciqui, tiveron un rival moi forte e complicado no Peroxa a quen gañaron ó final por un 5-1. O equipo benxamín B perdeu en Nogueira por un claro 8-2. Os máis cativos, tamén perderon en Velle por un 4-1.
INFANTIS GAÑARON E CADETES PERDERON
Os cadetes perderon de forma clara en Salesianos contra un forte Ourense B por 5-1. O equipo infantil segue a colleitar resultados positivos o que fai que sigan na loita polo 5ª posto da clasificación. Foron moi superiores ó Arenteiro e gañaron 6-0.
XUVENÍS E SENIOR GAÑORON O RIBADAVIA
Importante vitoria do equipo senior en Ribadavia, mentras que os veteranos perderon en Velle de forma contundente. Os xuvenís gañaron con facilidade no Seixo ó Ribadavia, mentras que o Xuvenil B, saiu derrotado de Vilar das Tres, por un claro pero engañoso 6-4 co Sta. Teresita.
INFANTIS E CADETES GAÑARON
Tanto o equipo infantil como os cadetes gañaron os seus respectivos partidos. O infantís deron a sorpresa en Chantada, gañando por un claro 2 – 5 ante un equipo moi forte. Os cadetes gañaron con moita dificultade ante un Arenteiro moi bo, por un apretadísimo 2-1.
Futsal. Derradeiro partido 1ª volta
O sábado 14 de xaneiro de 2012 xogouse no Pavillón Paco Chao, Carballiño, o derradeiro encontro da 1ª volta, co resultado final de 11-4 para os locais.
FUTBOL 7: BENXAMÍNS GAÑARON OS DOUS
Os equipos de fútbol-7 de Sta. Cruz, conseguiron resultados esperanzadores este fin de semana (14/01/12), sobre todo temos que destacar a melloria dos xogadores e equipos. Os equipos alevíns perderon os respectivos partidos en Chantada e Carballiño, os benxamíns gañaron os dous a Calasancio e Sta. Teresita e os prebenxamíns perderon de forma clara co Pabellón.
XUVENÍS: IMPORTANTE VICTORIA EN OIRA
Resustado dispar o colleitado polos equipos xuvenís, este sábado 14 de enero, o xuvenil do grupo A conseguiu un resultado moi positivo o gañar en Oira por un claro 1-5 mentras que os xuvenís do grupo B perderon na casa por un claro 1-6 co Poligono.

