COPA DEPUTACIÓN XUVENIL
S.D.C. ARRABALDO 1 MASIDE 5
Primeiro partido da Copa Deputación e pódese dicir o último, pois aínda que queden dous encontros máis, para pasar de ronda habería que golear ao Ponte e o Cortegada e iso antóxase algo complicado.
O Masie foi un equipo moi superior o da liga e conta con moitos reforzos, e o Arrabaldo estivo moi pasivo e sen gañas.
O partido do sábado ante o Maside non tivo moita historia, un equipo masidao que se meteu atrás e nos deixou tocar o balón, pero que a contra nos matou. O resultado foi moi abultado (1-5) e fixo moito dano no noso equipo, que intentara levantar o animo e intentar deixar unha moi boa imaxe nos dous últimos partidos, que se disputarán o sábado e o luns da semana que ven. O sábado xogamos co Ponte Ourense e o luns co Cortegada en Sta. Cruz.

Equipo do Arrabaldo Xuvenil

Equipo do Maside Xuvenil.