TORNEOS IMPORTANTES QUE SE ORGANIZAN EN AGOSTO:

 

O vindeiro 1 de agosto de 2010, terá lugar no campo do Seixo o partido entre o CD. Ourense e o Celta B de Vigo, o motivo do mesmo é recaudar fondos para a Escola de Fútbol, pois ainda que contamos con axudas da administración e de empresas colaboradoras, se queremos seguir sendo unha Escola de prestixio, temos que realizar inversións que ás veces non se poden afrontar cos cartos que recibimos por ditas vias.

 

Temos que agradecer a colaboración do Real Club Celta de Vigo e do C.D. Ourense ó poñerse a nosa disposición  para a celebración de dito partido con coste 0.  

 

Pedimos a colaboración de todos e a asistencia  a dito partido, sobre todo dos xogadores, familiares, socios e veciños/as .
A entrada será gratuita, soamente poremos a venta rifas, para quen queira colaborar con nós e sortearemos varios regalos.  
Teremos a venta polbo, pan e viño de casa, para asi disfrutar do primeiro partido desta tempada para ambos equipos.

 

Tamén vos queremos comunicar que xa temos confirmados a totalidade dos equipos que participarán no:

 

II TORNEO XUVENIL  “MANOLO ARNOIA” que se celebrará o 21 e 28 de agosto.
 
Este Torneo consistirá na celebración dunha fase previa, o 21 de agosto. O gañador desta fase participará o 28 de agosto na final do Torneo.

 

FASE PREVIA – 21 DE AGOSTO  (SÁBADO)

 

Equipos que participarán:

 

EMF ARENTEIRO (Equipo de Liga Galega)
SDC ARRABALDO (Equipo organizador)
PABELLÓN FC (Equipo de Liga Nacional)
EF LALIN (Equipo de Liga Nacional)

 

Horarios dos partidos:

Eliminatorias pola maña: 10,00 H e 12,00 H

3ª e 4 posto, 17,00 H e Final 19,00 H

 

FINAL TORNEO – 28 DE AGOSTO (SÁBADO)

 

Equipos que participarán:

 

REAL CLUB CELTA DE VIGO (Equipo de división de honor e gañador da 1ª edición)
REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA (Equipo da división de honor e gañador da liga)
REAL SPORTING DE GIJON (Equipo da división de honor, unha das mellores escolas de España)
O GAÑADOR DA FASE PREVIA.

 

Os horarios serán os mesmos cos da fase previa.


Teremos trofeos para os 4 participantes, e para o mellor xogador, mellor porteiro, máximo goleador e para o equipo mais deportivo.

 

 

Foto do campo do Seixo de Sta. Cruz de Arrabaldo.

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: