Composición das Ligas onde xogaran os equipos do Arrabaldo na tempada 10/11.
Despois dos diferentes ascensos de equipos ourensáns
(Pabellón Promesas, Barbadás xuvenil e cadete e Arenteiro infantil) esas boas novas afectaron en cadea ás diferentes categorías provinciais con ascensos para outros conxuntos. Os nosos equipos xogarán nas seguintes categorías:
1ª Xuvenil:
O ascenso do Barbadás, con prórroga incluida despois de once fases de
ascenso, e o do Pabellón Promesas á Liga Galega, permitiu que Barbadás B, Rúa e Santa Teresita acompañen a Verín e Cortegada no salto de categoría á máxima división provincial dende a 2ª Autonómica. Os equipos que disputarán a 1ª Xuvenil para a tempada 10/11 son: Ponte Ourense, C.D. Barco, Poligono S. Cribrao, C.D. Allariz,C.D. Ourense B, Antela C.F., Sp. Celanova, Oira C.F., S.D.C. Arrabaldo, C.F. Calasancio B, Maside C.F., Verín, Cortegada, Barbadás B, Rúa e Sta. Teresita.
1ª e 2ª Cadete:
O ascenso do Barbadás á Liga Galega permite que o Santa Teresita, que o
venres gañou a Copa Delegación, tamén suba á 1ª Provincial xunto a Arenteiro e Barco.
A segunda Cadete queda do seguinte modo: Barbadás B, C.D. Rúa, C.D. Allariz, S.D.C. Arrabaldo, Oira C.F., os descendidos: Pabellón C e Celanova. Se non aparecen mais equipos menuda liga nos espera, soamente 7 equipos, esperamos que alguén poña remedio a esta triste situación, polo ben dos rapaces que van competir nos equipos mencionados.
1ª e 2ª Infantil:
O salto do Arenteiro infantil á Liga Galega provocou que o Arenteiro B tamén suba á 1ª Provincial dende a 2ª Autonómica ademáis de Maceda e Calasancio
B. O Verín estivo a punto de forzar os penaltis na fase de ascenso, pero o Redondela obtivo o 2-2 no derradeiro minuto de partido e ascendeu, cando os ourensáns igualaran o 1-2 da ida.
A segunda Infantil queda do seguinte modo: Allariz e Barbadás B (descendidos), Pabellón C, Ourense B, Ponte C, S.D.C. Arrabaldo, Maristas, Verin B, Sta. Teresita e Arranxar. Se renuncia o Maceda ó ascenso, seremos nós o club beneficiado para xogar na 1ª Provincial.
Nota: A composición dos grupos, non é definitiva pois queda como sempre, a posibles renuncias e incorporacións de equipos, cousa que afecta sobre todo á segunda categoría.