O EQUIPO SENIOR XA ESTA EN 2ª AUTONÓMICA
Co equipo de 3º autonómica xa ascendido de categoría, a tempada
que vén presentase como o debut dá S.D.Arrabaldo na 2º Autonómica, na que se atopará cunha liga algo máis longa que a actual e con equipos de máis nivel.
Os equipos que ascenderán xunto co noso a 2º serán, Palmés, Sande e Melón ou Moreiras.
A 2º Autonómica, senón hai sorpresas no tramo final, os dous equipos que ascenderán serán, Vilariño e Francelos, polo que para a próxima tempada, os equipos cos que nos atoparemos, serán, Crespos, os veciños do Atl. Barbantes, será un derbi apaixonante, Leiro, Arenteiro B (equipo co que nos veremos as
caras en cuartos dá copa, dentro de 15 días), Quins, Ribeiro, Loñoa, Ribadavia, Barra de Miño, Arnoia e despois hai un grupo de equipos (Coles, Velle, Salamonde e Toén) que loitarán por non descender, aínda que só queda unha praza libre, máis os posibles arrastres, xa que o Cartelle e o Abelenda parecen deshauciados a xogar o ano que ven na 3º.
En canto aos descensos dá 1º Autonómica, ningún dos equipos en descenso afectaría ou noso grupo (Rúa, Manchica e Paderne), en cambio si afectaríanos os prebesibles arrastres que se produzan por descenso de equipos a 1ª Autonómica, que poderían levar a 2º, a equipos como Cea e Maside.
Será unha liga moi interesante, con equipos próximos, posibilidade de que acuda, os partidos, moito público e sobre todo bastantes derbis (Barbantes, Palmés, Salamonde…).
