O ARRABALDO NOTICIA NO DIARIO "LA REGION"
O equipo do Arrabaldo, conseguiu baixo a dirección do seu adestrador Tomás Gamallo, o ascenso a segunda categoría provincial.
O Arrabaldo, regresa á segunda autonómica, despois de catro tempadas na 3ª, o equipo alcanzou tan ansiado título de liga e o ascenso. O ascenso foi costoso pero o final conseguiuse o obxectivo. O título é resultado do esforzo de tódolos xogadores, pois no fútbol o xogo é de equipo, non individual, sendo importantes tódolos xogadores.
Dende aqui queremos felicitar ó noso equipo, que será homenaxeado na comida de fin de tempada, que celebraremos o 6 de xuño 2010. Esperamos contar coa asistencia de tódolos xogadores, adestradores, pais e amigos, para mostrar o noso agradecemento a este equipo que tan orgulloso nos fai sentir, como membros da Escola de fútbol e do pobo de Santa Cruz de Arrabaldo.
Na comida de fin de tempada, tamén homenaxearemos, por acordo da directiva do Club, ó Concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela, por haber confiado neste club e no seu proxecto, conseguindo a mellora das instalacións do campo de fútbol do Seixo, dotandoo de herba artificial, e novo alumeado así como a renovación dos vestiarios.
Lembrámosvos que o prezo da comida por persoa é de 14 euros e para os menores de 8 anos de 7 euros, o prazo para anotarse remata o 30 de maio 2010. Para anotarse contactar cos adestradores, directivos e no bar do campo de fútbol.
As nosas felicitacións ó adestrador e xogadores.
Picando sobre imaxe podedes ampliar e leer a noticia aparecida no diario local "La Region" o 22 de mayo do 2010 .
