O ARRABALDO CAMPIÓN DA 3ª AUTONÓMICA, GRUPO 16
Esta sábado entrégase o trofeo que o acredita como campión, nun partido contra o Palmés.
Este fin de semana, concretament o sábado, 1 de maio, con motivo das festas
patronais de Sta. Cruz de Arrabaldo, celébrase un partido amigable entre o primeiro e segundo clasificado da liga de 3ª Autonómica, Grupo 15: S.D.C. Arrabaldo e C.D. Palmés.
O importante deste partido é que se vai facer entrega, por parte de José Luís Cachaldora, Presidente da Delegación de Ourense, da Federación Galega de Fútbol, do trofeo que acredita ao Arrabaldo como campión de liga.
O partido xogarase, a partir das 18,30 H. e contará coa asistencia das
autoridades deportivas ourensáns. A entrega do trofeo realizarase ao comezo do partido sinalado, sobre as 18,30.
Este pasado luns, 26 de abril, o diario local "La Región" publicou, a dobre páxina a foto do equipo campión de liga, grazas á colaboración de varias casas comerciais.
A Directiva da Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo quere convidar a todos os socios e veciños á entrega do citado trofeo e facer partícipe do mesmo a todos.
Queremos agradecer publicamente a todos os xogadores e sobre todo ao adestrador, Tomas Andrés Gamallo, pois as dificultades foron moitas, o logro conseguido de ser campións e conseguir o ascenso a 2ª Autónomica .
É a cuarta vez que un equipo de Sta. Cruz de Arrabaldo proclámase campión da 3º provincial, categoría afeccionados. En dúas ocasións consecutivas, sendo adestrador José Ramón e outra sendo adestrador Moncho Couñarro. Este equipo chegou a ser finalista da Copa Deputación de 2ª e 3ª Autonómica, na tempada 05/06, sendo presidente Antonio "Rechas" e adestrador Moncho Couñarro.
Dende esta páxina queremos facer un pequeno agradecemento a todos os compoñentes da plantilla, a través dunhas cantas fotos:

Foto publicada polo díario "La Región" o 26/04/10.
Fotos do equipo da presente tempada:



Fotos dos equipos aficionados, de Sta. Cruz de Arrabaldo:

Tempada 07/08

Tempada 06/07
Tempada 98/99
Tempada 88/89
Tempada 84/85
Canos, Fechos, Grela I, Toño Crespo, Jilberto, Lamela, Enrique, Agustin, Toño Albán, Arias I e Moncho.

A foto mais antiga dos anos 50 ou 60 do equipo de Sta. Cruz de Arrabaldo.
Na foto están: Cholo, Bonbare, Coza, Pescadilla, Enrique, Paco, Romero.... e outros que descoñecemos o nome.