RESUMO DA MARCHA DA LIGA DE 1º AUTONÓMICA XUVENIL

 

 

Unha vez transcurridos máis de dous tercios da tempada da liga de 1º xuvenil empeza a tomar forma, e os equipos xa teñen moi claro polo que poden loitar ou deixar de loitar de aquí ao final da tempada.


Pola parte alta da táboa, o Ponte Ourense ten unha vantaxe moi díficil de recortar, xa que se mostra demaseado forte no seu camiño cara ó título. Pero despois, existe unha loita entre catro equipos (Barbadás, Pabellón Pr., Polígono e Barco) para completar as tres prazas restantes para poder disputala fase de ascenso á liga galega. O Allariz tamén se encontra preto deste grupo de equipos, pero vaino ter que facer moi ben nos partidos que restan para poder acercarse, pois os de arriba case non fallan nos seus partidos.


A partir de eses seis equipos, o resto teñen xa “outra liga” debido a que entre o 6º e 7º clasificado xa existe unha diferenza de 11 puntos. Dentro desta “liga”, equipos como Antela, Ourense B, Arrabaldo teñen unha vantaxe de máis de 10 puntos sobre os postos de descenso asi que salvo catástrofe seguirán o próximo ano na 1º provincial. Logo atopamos ao Oira e Celanova que están máis preto do descenso pero cunha marxe importante.


E por último, na parte baixa o Velle parece xa sentenciado ao atoparse a 10 puntos da salvación e sen dar a impresión de poder acadala ansiada permanencia. Os outros dous postos de descenso ocupanos o Soutopenedo e Maceda, este primeiro vai ter que facer un final impresionante para poder salvarse, pola contra o Maceda solo se  encontra a dous puntos do Calasancio B e a 3 do Maside, equipos que xa están fóra dos postos de descenso, pero que terán que sufrir ata o final de liga.
Destacar a segunda volta feita polo Maside, que parecía un claro candidato ó descenso e que foi recuperando posicións e conta con moitas posibilidades para non descender.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: