2ª AUTONÓMICA INFANTIL
S.D. ARRABALDO 4 C.D. OURENSE B 2
Bo resultado o conseguido polo noso infantil no partido aprazado contra o Ourense B (4-2), que se xogou este martes, a partir das 11 da mañá, no campo do Seixo de Sta. Cruz.
Os locais empezaron o partido durmidos, xa que os 25 minutos perdiámos 0-
2. A partir dese momento o equipo empezou a xogar, tendo varias ocasións claras de gol, que non demos finalizado. No minuto 39 de partido un contragolpe levado por Pablo, por banda esquerda, logo de regatear a varios contrarios e porteiro, acabou en gol.
Con ese resultado( 2-1) chegouse ao descanso. Na segunda parte só houbo un equipo no campo, que foi o Arrabaldo.
Os de sta. Cruz non saía do área do Ourense, para conseguir gañar o encontro. No minuto sesenta, Alberto conseguía o gol do empate nunha xogada persoal. O Ourense creou perigo nalgunhas contras pero semente ben solucionadas pola defensa ou o porteiro. Transcorrían os minutos e seguiamos presionando, pero sen conseguir o noso obxectivo; ata que no minuto setenta e nove un contragolpe levado por Christian e Pablo acabou con gol deste último.
No desconto Carolina no rexeite dun corner conseguiu o definitivo 4-2.
Alineaciones:
Arrabaldo: miguel,pepe,hugo,marcos, christian,diego,dani guerra,carolina, pablo, toni, alberto tamén xogou dani.
Ourense B: miguel, brais, pablo, daniel, yors eloy, juan pablo, yago, samuel, hugo, diego, miguel tamén xogaron javier, branco.
