I TORNEO EDUARDO GAMALLO

 

 

Torneo celebrado o sábado 19 de xuño de 2010 nas novas instalacións de Salesianos.
Neste torneo acudimos co equipo alevín de primeiro ano, e dicir o equipo alevín da próxima tempada.


D. Eduardo Gamallo tuvo o merecido recoñecemento polo seu traballo no C.D. Ourense e con el o Fútbol en xeral, neste primeiro Torneo que leva o seu nome. No aspecto deportivo o campión do mesmo foi o Santa Mariña, que está demostrando en distintos Torneos a valía da sua canteira, impúxose na final o E.F. Portero 2000. Esta festa deportiva supuxo a inauguración oficial do Campo de Salesianos, vestido de verde, o que suporá un salto de calidade para a Canteira de C.D. Ourense.

 

Resumo dos partidos xogados polo equipo alevín do Arrabaldo:
O primeiro partido, tras un erro de entendemento, celebrouse antes do agardado, que, entre que a maior parte dos xogadores non chegou puntual, que apenas se quentou e non se falou da movilidade táctica, foi un desastre en canto a xogo, con escasas xogadas á portería rival, agás por lanzamentos lonxanos de David. Resultado final 9-2.
O segundo partido foi mellor plantexado, pero, ante un rival de categoría superior, tivemos que darlle a enhoraboa e aprender a flexibilizar esa defensa. Resultado final 9-0.
O terceiro partido e derradeiro de clasificación foi ante un rival máis asequible, pero seguíamos empeñados en xogar individualmente e non en equipo, co que as axudas non existían e un erro na zona defensiva era unha probabilidade elevada de gol. Resultado final 6-1.

Rematada esta fase tocaba comer e concienciar ós rapaces de que a diversión é o máis importante nestes torneos.

Pola tarde xa se xogaban os postos na clasificación e o seguinte rival era o Ribeiro, que, traía un equipo similar ó noso en nivel. Tras unha excesiva vagancia e moitos erros na parte traseira do equipo, rematamos perdendo por un marcador moi axustado, 3-2, co que só nos quedaba pelexar polos dous derradeiros postos contra o Sta Teresita.
O derradeiro partido foi máis do mesmo, onde se repetiu o de todo o torneo, os 5 benxamíns que ían para axudar ós 6 alevíns aportaron moito e os alevíns aportaron moi pouco, co que a balanza logo se decantou a favor do Sta Teresita, chegando ó resultado final de 4-2. Os resultados son o de menos o importante e que se vaian coñecendo os xogadores, que aprendan a xogar en equipo…. e sobre todo analizar os fallos para a próxima tempada correxilos e conseguir un progreso adecuado do equipo.

O xogador máis regular do torneo, foi Miguel Rosales, que, pese a non iradestrar con moita frecuencia, entende cal é o seu papel e funciona coma un reloxio.
O xogador que máis aportou ó equipo foi David, que foi un dos poucos que buscou portería e, grazas á sua persistencia foi o máximo goleador do equipo, onde, dos sete goles marcados neste torneo 4 foron de David, 1 de Martín, 1 de Martinez e 1 de Raúl, increíblemente os benxamíns arrasan.
Grazas a Pico e o resto de organizadores pola invitación e felicitalos polo nivel do torneo.

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: