A familia do Arrabaldo despide a tempada 09/10

cunha comida na carballeira

 

Este pasado domingo foi un día moi importante para a S. D. C. Arrabaldo, pois celebramos o fin da tempada 09/10. Foi un  día cheo de actividades, dende as 11,00 H, celebráronse partidos no campo de fútbol do Seixo, de fútbol-7, entre varios equipos, benxamíns contra as suas nais, cadetes contra os seus pais, infantiles contra adestradores e directivos, pais contra nais…. bueno, cada quen xogou contra quen quixo.

Asistiu moita xente como poderedes ver nas fotos. Os Comités de competición tiveron que traballar arreo polas reclamacións que se presentaron, por alineación indebida do porteiro do equipo femenino e a mala arbitraxe (descoñecemento total das reglas de xogo e a súa aplicación) do árbitro do partido nais contra pais.  A día de hoxe temos a dúbida de quen sería a porteira do equipo feminino, que non estivo mal, pero tiña problemas coa súa ropa íntima pois os peitos non semellaban ben suxeitos.
Unha vez rematada esta actividade desplazámonos para o campo da festa de Sta. Cruz “Carballeira da Ramallosa”  onde nos estaban esperando mesas e camareros para degustar unha comida campestre, nun marco imcoparable, debaixo de carballos, con sombras naturais…
Comemos ata fartar, bebemos… para logo pasar o acto mais emotivo da entrega de recordos a cada un dos xogadores que asistiron, e os adestradores. Fixemos unha homeaxe ós xogadores e adestrador do equipo senior, por ser campións de liga da 3ª Autonómica e conseguir o ascenso a 2ª. Entregamos un recordo especial ó seu adestrador Gamallo, polo traballo ben feito.  Tamén premiamos ó xogador que máis progresou durante a tempada, ó xogador mais implicado e de mellor comportamento, estos premios foron para un xogador de cada equipo. Para rematar este acto entregouselle unha placa de recordo e agradecemento, ó actual concelleiro de deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, pola decisión adoptada de mellorar as instalacións deportivas do Seixo e dotar o campo de herba artificial. Sorteamos varios obxectos que nos regalou a Fundación Celta de Vigo, unha camiseta, un balón e un banderin asinados polos xogadores do Celta.
Unha vez rematada a entrega de obsequios,  comer os postres e tomar o café, os rapaces/as pasaron ó campo de fútbol-sáa, a facer xogos dirixidos por Aurelio.
Na comida estivemos preto de 300 comensais que quedamos citados para o próximo ano.

 

Fotos dos asistentes á comida:

 

 

Os trofeos que entregamos a cada xogador Trofeos para adestradores, e xogadores destacados.

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: