Os rapaces da Escola de Fútbol participaron, no Sexto Instituto, nun torneo de Fútbol-Sáa.

 

 

Aínda que as horas non eran moi propicias para os máis cativos, pois o sábado e domingo foron as festas patronais de Santa Cruz, a verdade é que foi moi positiva a asistencia a este torneo e a implicación dos pais e xogadores asistindo ós partidos despois de pasar unha noite de verbena.

Comezamos xogando contra Ponte Ourense, equipo moi bo e moi traballado. Consideramos que Alberto Vidaurre, organizador do torneo, está a facer un traballo enorme co fútbol base, e todos deberíamos tomar exemplo de como traballa e dos resultados que consigue nos equipos da Ponte.

O partido foi claramente decantado para o equipo local, posto que os do Arrabaldo, entre que estaban durmidos e que era a primeira vez que xogaban o fútbol-sáa, tardaron en collerlle o truco ó campo e o formato de competición

No segundo partido que xogamos, tivemos unha mellor actuación contra O Ribeiro, con máis chegada á portería e mellor colocación.

Tivemos que agardar ó terceiro partido contra o Ourense para facer o primeiro gol e así poder acadar un empate, onde se decidiu na sorte dos penaltis que o Arrabaldo gañase ese partido.

O máis fermoso do torneo foi o ambiente que propiciarón os rapaces, onde os pais e familiares asistentes axudaron a que o espectáculo fose maior.

No Arrabaldo destacar a actuación dos máis cativos, que, sorprendentemente fixeron todo o posible para axudar ó equipo, acadando unha actuación moi boa, con detalles moi alentadores de cara ó futuro.

 

 

O equipo do Arrabaldo.

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: