ENTREVISTA A RAFAEL MARCO (PRÓXIMO ADESTRADOR CADETE DO ARRABALDO)

 

Chámome Rafael  Marco Correia da Silva, natural de  Lamego (Portugal), vivo na cidade de Ourense. Dende os 8 anos xogo ó fútbol. Xoguei en varios equipos de Portugal e España. Para a próxima tempada serei o novo adestrador do equipo cadete da S. D.  Arrabaldo e xogarei no equipo aficionado de 2º autonómica.

 

 

1.- En que equipos xogaches ó fútbol  e dende que idade?
Empecei xogando ó fútbol aos 8 anos, ata agora que teño 26, a nivel profesional xoguei dende os 17 anos aos 23. Empecei nun equipo portugués chamado CRACKS CLUB DE LAMEGO, ata os 12 anos, despois marchei para o PORTIMONENSE, no que estiven ata os 16 anos e despois subíronme ó primeiro equipo (2 A española, 2 liga portuguesa) estiven ata os 19 anos e depois funme prestado ó S.CLUB DE LAMEGO (2 B portuguesa) onde quedei ata os 22 anos, para logo irme ó TAROUQUENCE (1 rexional) co obxectivo de ascender de división e asi foi… Fomos campións do distrito, co Tarouquence, e ascendemos a 3º división, os 23 anos tarouquence da 3 division, os 24 anos Pozo Estrecho (3º división española), 25 anos (Velle e Atl. Barbantes ) e os 26 anos (Atl. Barbantes inicio , Vilamarín e Ferreira de Pantón).

 

2.- ¿Qué  é para ti o fútbol?
Dende que teño uso de razón  son xente de fútbol. O  fútbol foi  todo para min, o meu pai xogou ó fútbol a nivel profesional e eu teño o mesmo “bicho” polo fútbol. Para min o fútbol, é a miña maior pasión, encántame xogar e a maior alegría, é cando estou dentro do campo.  Por eso fútbol para mi é alegría.

 

3.- Dende cando vives en Ourense?
Pois vivo en Ourense dende fai 2 anos .

 

4.- ¿Cal foi o equipo máis importante no que xogaches e de cal tes mellores recordos?
O equipo do meu corazón é o equipo onde me formei como xogador e como persoa que foi o PORTIMONENSE. Tiven moitas alegrías e teño moitos amigos alá, pero onde teño mellores  recordos é no TAROUQUENSE, porque foi un proxecto fantástico co ascenso, e  onde teño mais recordos e goles. Os 2 mellores goles da tempada, un de corner direito e outro de libre que nos deron ventaxe de 8 puntos sobre o segundo. Para min foi unha tempada fantástica.

 

5.- Como foi a túa etapa como xogador, no fútbol ourensán?
Pois un pouco rara, estiven no Velle, meses despois marcheime  ao Atl. Barbantes, onde foron xeniais, sego tendo contacto coas persoas da directiva e xogadores. Despois funme ó Vilamarín, onde estiven solo 2 meses para logo decidirme marchar  ó Ferreira de Pantón, e ai xenial, con persoas e proxecto serio. Para min o fútbol ourensán, ten moito que evolucionar, non solo os xogadores senón tamén as persoas que dirixen os clubs, porque moitos deles, son dirixidos por persoas pouco serias e por iso moitos xogadores prefiren xogar en equipos de pouco nivel en lugar de xogar nun equipo grande, onde vai ter problemas. Pois se fan moitas promesas ó principio da  tempada e despois ó fin de mes, do falado nada. Pero bueno, cada un leva o tema do fútbol como máis lle gusta.

 

6.- ¿Quen gañará o mundial e que papel fará Portugal e España?
Para  min  os  equipos mais fortes do mundial son Brasil e Arxentina, son as maiores candidatas a levar a copa. Encántame o fútbol bonito de España é a que mellor xoga, e pode que dea a sorpresa se consigue seguir xogando o fútbol bonito, con máis remates a portería que é o que falta, porque solo asi se marcan goles. Portugal está nun grupo, para min dos mais dificiles, seguro que pasa esta fase, pero pouco mais alá vai chegar. Cristiano non fai un equipo el solo e Portugal ten moitas deficiencias como equipo, pero creo que vai facer un bo mundial dentro dos obxectivos que teñen, pasar a fase de grupos e a ver se gañamos algún outro partido, para xustificar o 3º lugar no ranking da Fifa .

 

7.- ¿A que equipos adestraches?
Pois o Velle, alevín e benxamín .

 

8.- ¿ Que pasou no Velle alevín, para que soamente estiveras 3 meses como adestrador, segundo as noticias que temos?
É un tema complicado, eu fun criado no fútbol onde se forman homes para a vida e xogadores de fútbol, todo co máximo rigor, sinceridade e seriedade, pois ali en Velle foi o que intentei aplicar como adestrador; mellores formas de adestramentos, mais compromiso das dúas partes etc, etc, etc…pero cando non é asi, e ves que as cousas non son serias e que non hai sinceridade, asi non sei traballar con ninguén.

 

9.- ¿Cómo ves a túa incorporación a S.D. Arrabaldo e por que escolliches este equipo?
Sempre que sexan proxectos serios e dífíciles góstanme, na escola do Arrabaldo estase a facer todo o necesario para ter un equipo de formación base moi seria. Empezaron  polo principal, boas instalacións (como vestiarios, campo e ximnasio) e o máis importante nun equipo de fútbol son as persoas que dirixen o club. Góstame isto do fútbol e tamén ser adestrador, pero máis traballar con rapaces, é para min o mellor do fútbol, porque os podes ensinar e cambiar  a súa mentalidade, cousa que nos maiores non se pode facer  porque xa teñen “vicios", e cando falo de vicios non é fumar nin beber senón “vicios" de fútbol, xa non podes ensinar nada máis, pero os rapaces se os podes facer cambiar, é esa unha das razóns. Escollín este equipo polas condicións de traballo e polo seu proxecto e as persoas que están involucradas. Falei co Director Deportivo e gustoume a súa personalidade, sinceridade e o proxecto, foi asi de sinxelo.

 

10.- Como xogador do equipo de 2ª autonómica ¿como ves o seu futuro na 2ª autonómica?
A 2ª autonómica é moi complicada, pois moitos equipos xogan a todo menos o fútbol, malos campos, pero coas condicións que temos en Santa Cruz tense que gañar sempre na casa e   fóra, témonos que habituar ó fútbol dos equipos e intentar sacar o máximo de puntos posibles. Creo no traballo serio que se está facendo. Co novo adestrador teremos tódalas condicións para estar entre os primeros  da tabla.

 

11.- Como adestrador cadete ¿Qué obxectivos  te marcas?
Como adestrador, obxectivos moi altos, para min é necesario gañar sempre, porque imos traballar forte como un equipo grande, temos todas os requisitos para iso e imos intentar facer un equipo,  e mais que todo iso, formar homes e xogadores de fútbol.

 

12.- Como ves a plantilla do equipo cadete e se tes pensado facer algunha incorporación?
Do equipo cadete mirei dous ou tres partidos, e hai calidade nos xogadores pero temos que ter máis compromiso da súa parte e imos intentar conseguilo.

 

13.- Coñeces esta páxina web e que che parece.
Coñecinna a través do Director Deportivo e creo que ten condicións para ser un club máis grande do que é agora mesmo. Internet é un transporte que leva coñecemento e tamén da vida o club e o que pasa nel.

 

p.s :estou terminando o curso de preparador físico e nutrición e agradezo a oportunidade do club, e principalmente ás persoas como Pablo (Director Deportivo), Diego Sarabia (novo adestrador dos maiores), Diego Suances “Sueco” (adestrador xuvenil) e Moncho (Presidente) a oportunidade que me dan. A todos eles moitas grazas e terán toda a miña disponibilidade, traballo e o que sexa necesario  para axudalos neste proxecto, que marcará o futuro de moitos clubs de Ourense. Unha vez mais moitas grazas.

 

Preguntas curtas:

 

Color favorito: vermello.
Equipo favorito: Portimonense / Benfica / Real Madrid.
Comida favorita: francesinha.
Unha cidade para vivir: Lamego e Ourense.
Xogador que te inspira: Figo e Zidane.
Un adestrador: Xosé Mourinho.
Unha anécdota curiosa, como xogador: quedar no Oporto solo porque o equipo olvidouse de min no vestiario….jejejjjejee estiven casi unha hora esperando que un directivo me viñese buscar…jejejejejej.
Un sistema de xogo: 4-4-2.
Unha pelicula de cine: A vida é bella ( Roberto Benini ).
O teu persoaxe favorito: O meu irmán.

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: