Entrevista a Cristian Balsa (Xogador aficionado da S. D. Arrabaldo)

 

Veciño do lugar de Sixtis de Sta. Cruz de Arrabaldo. Xogou nos equipos de Fútbol-Sáa e Fútbol desta entidade dende a súa creación. Formou parte do equipo xuvenil que adestrado por Gamallo, proclamouse campión da liga de 2ª Autonómica. Actualmente forma parte do Grupo Bergallazo, como voz e guitarra.

 

Preguntas:

 

1.- ¿Qué representa para ti a S.D.C. Arrabaldo?

   O meu equipo de corazón.

 

2.- Como xogador deste club dende a súa creación, ¿Cómo valoras a súa evolución, e o traballo desenrolado pola Directiva?

Foi mellorando pero aínda quedan moitos aspectos quecambiar.

 

3.- Dende o teu punto de vista ¿Cales foron os erros cometidos e os acertos máis importantes?

Erros témolos todos. O acerto, o Campo de herba artificial.

   

4.- Dende o punto de vista deportivo ¿Cal foi o logro mais importante do club?

Conseguir un campo de herba artificial.

 

5.- Como xogador ¿Cal foi a túa maior alegría e a decepción máis grande?

 A maior alegría é poder xogar nun campo coma este e cos compañeiros de sempre.

A decepción: quedar sempre en semifinais da copa Deputación, é unha espiña que teño cravada.

 

6.- Que adestradores tiveches e que recordos gardas deles?

Fabián, Toño Grela, Marco, Gustavo e Gamallo. De todos gardo moi bos recordos, sobre todo as anécdotas vividas con eles.

 

7.- Danos a túa sinceira opinión, sobre o cambio de adestrador do equipo senior.

Non teño que opinar nada, solo dicir que o tempo dirá se foi boa idea ou non.

 

8.- Unha tempada decidiches cambiar de aires e fichaches polo Taboadela, ¿Cómo foi a experiencia?

Todos cometemos erros, serviume para vir con máis ganas e volver a ter ilusión no fútbol.
Tamén dicir que cando voltei o trato dalgunha xente da directiva non me gustou nada, parecía como se eu matase a alguén. Se esta persoa, con 16 anos, sabía o que ia facer da súa vida é a OSTIA. E moitas outras cousas que prefiro non comentar.

 

9.- Como ves a próxima tempada, na segunda autonómica?

Imos ter que traballar moito para intentar conseguir os mesmos resultados que con Gamallo.

 

10.- Cres necesario a incorporación de novos xogadores ou consideras suficiente a plantilla existente?

A plantilla é boa e creo que debería quedar así, pero tamén hai que dicir que un par de fichaxes como moito, non estarían mal.

 

11.- Cambiarán as cousas no equipo ó que pertences, ou cres que ó final será o de sempre, promesas, normas….pero todo segue igual.

Iso non depende de min.“A directiva ten que ter as cousa claras” é unha unión entre eles,  a partir de ahi é cando as cousas van ir por un so camiño. Hai que ter un proxecto en común.

 

12.- Como ves a xuventude actual?

Ben.

 

13.- ¿Os xóvenes actuais estades implicados socialmente ou pasades de todo?

Hai de todo pero abundan os que pasan de todo.

 

14.- ¿Cal pensas que é o motivo da falta de colaboración e implicación nas actividades e asociacións do pobo?

La tontería que tienen los de la asociación de vecinos de Santa Cruz que no viven ni dejan vivir.

 

16.- Sueles entrar na páxina do club, e informarte do que pasa nel a través dela?
Si de vez en cando, agora xa non escribo no foro porque sempre a monto, tratando temas moi polémicos.

 

17.- Coñecemos a túa simpatía pola música ¿Danos algunha información do Grupo que tendes?
Estamos en proceso de renovación, houbo cambios e agora hai un proxecto en común, temos previsto grabar en novembro, creo que vai gustar.

18. Quen o formades e que tipo de música tocades?
Agora é Rock.
Pablito- Batería
Cristian e Dani- Guitarras e voces
Oscar “Txinguin”- Baixo e voces

 

19.- Onde actuaredes nos próximos días?
Na Ponte, no festival “PonteRock” con Acid Proyect, Malagoiro e Ratones Colorados de Madrid.

 

20.- Como é posible que ainda non compuxerades un himno para este club?
Música xa temos, pero temos que facer unha letra que vaia co  que significa o club para todos. Se alguén quere botar unha man que no lo diga. 

 

Preguntas curtas:


Unha cor: amarelo.
Unha profesión: Marchante de Arte.
Equipo favorito: Real Madrid.
Un libro: Tiburón 12 millones de Dólares.
Un adestrador: Guardiola e Mourinho (distintos pero iguais).
Define o que é para ti o fútbol: Deporte.
Define o que é para ti a música: Sentimento, forma de expresarse, arte…..
Un sistema de xogo: 4-4-2, 4-3-3.
Festa tradicional ou botellón: Depende do momento.
Un grupo musical: Barricada.
Un lugar onde vivir: Amsterdam.
Que é a amistade: Pode ser o mellor como o peor.

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: