ENTREVISTA A RAMÓN BORNES COSTA.

 

 

¿O fútbol forma parte da túa vida ou eres un simple practicante?
Non, simplemente son un simple practicante aínda que me gusta moito.

 

¿Onde empezaches a xogar ?
Empecei xogar na liga escolar de fútbol-sáa, no equipo do colexio (Albino Núñez) con 13 ou 14 anos, inda que daquelas non xogaba de porteiro senón de cerre. Despois ós 16 fichei polo Atl. Ramallosa, onde empecei a xogar de porteiro .

 

Co paso do tempo, ¿como ves os equipos de fútbol-sáa e os torneos que organizabamos?
O fútbol-sáa non acaba de asentarse porque o fútbol non o deixa. Á maioría da xente gústalle máis o fútbol que o fútbol-sáa tanto como afeccionados como a practicantes.
Realmente os torneos que se organizaban en Sta Cruz chegaron a ter un gran nivel, acudindo a eles os mellores equipos da provincia de tódalas categorías.

 

Cóntanos algunha anécdota deses equipos ou torneos e dos compañeiros de equipo?
Acórdome do equipo no que viña Ramón Dacosta que sempre era favorito para o triunfo final dos torneos.
Hai unha anécdota moi graciosa nun torneo en Bóveda, na que chegamos á final e mentres esperabamos para xogala, decidimos ir tomar un refresco en coche a un bar a uns 4 Km. de onde era a final, cando acabamos, subimos todos nos coches e volvemos o campo, sen decatarnos que nos deixabamos a Paco (actual xogador do equipo de veteranos) que fora ao baño, cando nos puxemos a quentar para xogar a final vemos que chega el ca lingua fóra, do calor que facía, pois tivera que vir correndo para poder chegar a tempo o partido.

 

¿Que é para ti o Sta. Cruz de Arrabaldo, Como club de fútbol?
Foi onde pasei os mellores anos, xogando ao fútbol pois había un grupo de xogadores que eramos todos amigos e lebávamonos moi ben.

 

¿Cales son os teus cores favoritos, e porque?
O branco e o meu cor favorita, porque de cativo cando empecei a ter consciencia do que eran os equipos de fútbol, case todos os meus compañeiros eran da Real Sociedade,  pola fama que tiña Arconada e a min gustábame o Real Madrid porque tiña a Miguel Angel, como porteiro, que era de Ourense.

 

¿Quen foi o teu ídolo, dentro do mundo do deporte en xeral ?
Ou meu gran ídolo foi sempre Carlos Sainz, porque sempre gustáronme moito os rallies.
No fútbol o xogador que máis admirei foi a Butragueño pola súa calidade e por como era fóra dos terreos de xogo .

 

Lembra a túa etapa como xogador de fútbol do Sta. Cruz.
Cando empecei no Atl. Ramallosa non xogaba moito, pois estaba Benigno na portería, era un extraordinario porteiro. No Sta. Cruz lograramos gañar dous anos seguidos a liga regular, e ascendemos a segunda, no segundo ano, pois no primeiro había unha liguilla para o ascenso e fastidiarámola no último partido.

¿Quen consideras que foi o mellor adestrador que tiveches?
Para min foi José Ramón, tanto polos coñecementos de fútbol que ten como polo trato que nos daba a tódolos compoñentes da plantilla.

 

Lembra a túa etapa como xogador de fútbol.sáa .
Eu realmente sempre fun xogador de fútbol-sáa e no F.S. Sta. Cruz, tiñamos un equipo moi competitivo, estando sempre nos primeiros postos da 1ª local do Carballiño que tiña moito nivel.

 

¿Que representou para vos o equipo de fútbol-sáa e a súa desaparición?
O F.S. Sta Cruz, foi quen nos xuntou a tódolos xogadores do pobo naqueles momentos que despois foi a base fundamental do C.D. Sta. Cruz de fútbol.
Deume algo de pena cando desapareceu,  pero cando tódolos xogadores decidiron ir  para o fútbol, non merecía a pena estar a traballar  para ter un equipo, onde xa non había ninguén do pobo.

 

Imos falar cousas actuais, ¿Como directivo do equipo de veteranos, como ves a súa marcha na actual tempada?
Eu creo que estamos moi ben a pesar dous últimos resultados, pois somos un equipo recentemente ascendido, que soamente ten dous anos de vida e levamos toda a tempada nos postos de arriba.

 

Tendes como meta o ascenso?
Realmente non é a meta principal , pero o estar arriba sempre pensas nesa posibilidade.
Do que se trata é de atopar unha categoría na que se estea cómodo,sen chegar a aburrirse gañando tódolos partidos, nin tampouco saír apalizados de todos.

 

¿Como ves o futuro do equipo?
O futuro dun equipo de veteranos márcao a idade dos seus xogadores, canto máis vellos, menos competitivos. Pero de momento este equipo inda ten unha idade media moi nova e ten corda para moito tempo.

 

Danos a túa opinión sincera. ¿Como ves que en Sta. Cruz exista unha escola de fútbol?
Para min é realmente unha satisfación como veciño do pobo, que esta clase de proxectos pódanse levar a cabo, a pesar da gran dificultade que isto conleva.

 

¿Como valoras as melloras que se lograron non campo de fútbol?
Se che digo a verdade eu non o cría ata que vin o campo. Realmente este tipo de instalacións son necesarias para que o fútbol base salga adiante nesta provincia, e facían falta máis campos coma este para non ter que sobrecargar os que xa temos,e durasen mais tempo.

 

¿Cres que terá futuro esta iniciativa en Sta. Cruz?
Todo depende, como tódalas cousas, do apartado económico e de que siga habendo xente disposta a botar unha man, pero unha boa organización dentro da directiva é fundamental para conseguir metas futuras.

 

Como directivo da Escuderia a Bruxa de Arrabaldo, que novidades teredes para a baixada deste ano?
De momento non temos nada pensado pero seguramente algunha novidade haberá.

 

Como colaborador da paxina web: Que opinión tes dela e do seu contido?
O apartado de escola deportiva está moi lograda, con actualizacións cada pouco e con información interesante para a xente que queira informarse dos distintos equipos de Sta. Cruz. O resto da páxina está prácticamente morta.

 

 

Plantilla dos equipos de Fútbol-sáa do Arrabaldo da tempada 00/01.

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: