ENTREVISTA A BORJA PORTAS "CHINO"
Son Borja Portas González xogador e capitán do equipo xuvenil da
S.D.Arrabaldo. Nado en Poutas ( Sta. Cruz de Arrabaldo). Xogador deste equipo dende Benxamín. Os compañeiros apódanme como “Chino”, dende moi cativo por ter ollos rasgados. Co Arrabaldo fun finalista da Vigo-Cup en categoría infantil, formei parte do equipo que gañou a liga Infantil, xoguei co Arrabaldo o ascenso á liga galega de infantís e xuvenís.
¿Cóntanos a tua traxectoria no mundo do fútbol?
Empecei neste clube dende benxamín e xoguei sempre aquí, agás no último ano de cadete que xoguei no Pabellón de División de Honra.
¿Se tiveras que defenir o fútbol como o farías?
O fútbol definiríao como algo necesario na miña vida.
¿Esta e unha tempada complicada para o equipo, con moitos debutantes. ¿Como ves o equipo xuvenil?
Eu o equipo agora mesmo vexo ben, houbo momentos complicados pero sempre que estamos todos, xogamos moito mellor.
O inicio da tempada foi moi doado, logo viñeron tempos complicados ¿ Como viches
tódolos acontecementos? ¿Ves factibele a salvación?.
A tempada comezará moi ben, pero todos sabiamos que non ia ser un camiño de rosas que iamos sufrir moito, pero a salvación creo que é moi factible, pouco a pouco vamos xogando algo mellor e dando síntomas dun equipo con suficiente calidade para conseguir a permanencia sen moitos problemas.
Despois de moitos anos neste equipo, ¿como te sintes nel?
Para min este equipo é xenial empecei a xogar cos meus amigos e sigo xogando con eles, pouco a pouco as cousas avanzan cada vez máis e creo que somos un gran exemplo para outros equipos.
Eres dos primeiros en formar parte deste clube, dende benxamín estás nel ¿Cómo
foron esos primeiros anos?
Os primeiros anos sempre son complicados, pero aínda así sempre quedan bos recordos dos inicios.
Dende a túa opinión ¿Cambiou moito este clube? ¿ Cal ou cales foron os logros máis importantes?
Sí, cambiou esaxeradamente pero sempre para ben. O campo de herba sintética foi o último logro e creo que lle dará un gran impulso ó equipo, pero para chegar a este momento houbo moitos cambios máis pequenos e creo que tan importantes como este último.
Dende o punto de vista persoal ¿Que obxectivos te marcaches de cara esta tempada?
Eu a principio da tempada, sabía que non ia ser como hai dous anos, ou mesmo o ano pasado que tiñamos un equipo xuvenil para estar entre os 5 primeiros, pero aínda así sempre se intenta quedar arriba. Despois, tamén sempre aprender un pouco máis xa que falta moito por aprender aínda.
Se sincero ¿Que cambiarias no club para que vaia mellor?
Non cambiaría nada, simplemente creo que pouco a pouco os rapaces novos temos que ir axudando, senón esto chegará un momento en que morrerá.
¿Visitas a páxina web? Que che parece e que cambiarias?
Visitoa cada día, e eu o que faría e empezar a comentar noticias do fútbol provincial e non só dos nosos equipos, por exemplo faría resumos de como avanzan as ligas dos nosos equipos centrándonos nas posibilidades do noso clube.
Preguntas e respostas curtas:
Un número:4
Un equipo:Real Madrid C.F
Unha pelicula: ”Invictus” gustoume moito
Un xogador: Zinedine Zidane
Un adestrador: Non se pode decir un en concreto todos aportan algo.
O partido de mellor recordo:A última xornada contra o Maceda na que gañamos a liga infantil.
Unha anécdota que nunca olvidarás: De pequenos unha vez xogando o fútbol sala, démonos conta de que non tiñamos porteiro e resulta que no medio do partido marchara ó baño.
Eres xogador por…porque me encanta o fútbol
Un soño: Poder vivir do mundo do fútbol,aínda que sexa complicado.
Fotos da historia do Arrabaldo con Borja de protagonista:
Picando sobre elas pódense ampliar.
 |
 |
Venta de coplas nos maios de Ourense
para financiar os equipos de fútbol (2002). |
Excursión a Portugal, A Garda e Vigo.
|
 |
 |
Equipo Alevín que participou na Vigo-Cup do ano 2003 |
Equipo finalista da Vigo-cup, categoría infantil, ano 2004, final xogada en Oporto contra o Zamora. |
 |
 |
Crócina do + Deporte, do partido Arrabaldo - Maceda, categoría infantil, proclamándose campios de Liga. |
Equipo campión da liga infantil provincial, tempada 03/04. |
 |
 |
| Plantilla do equipo Cadete, tempada 06/07, con Paco como adestrador. |
Presentación de equipos que participan na Vigo-cup do ano 2003, pavillón As Travesas de Vigo. |
 |
 |
Equipo Alevín e Benxamín do Arrabaldo que participou no torneo de Celanova. |
Baixada de carrilnanas do ano 2002, carrilana pilotada por Adrian e Borja. |