Entrevista sobre o campus de adestramento, a celebrar en Sta. Cruz de Arrabaldo, dende o 28 de xuño ata o 2 de Xullo.
Entrevista feita a Diego Sarabia, coordinador dos Campus da Fundación Celta en Ourense.
Este campus e organizado pola Fundación Celta de Vigo en colaboración coa Concellería de Deportes, do Concello de Ourense e a Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo.
1.- Como xurdiu a idea de organizar un Campus en Sta. Cruz?
Esta iniciativa parte como consecuencia da colaboración entre a S.D. Arrabaldo e o Real Club Celta de Vigo, por medio do convenio asinado a principios desta tempada. Así mesmo o interese, de realizar actividades para o fútbol base, da directiva da S.D. Arrabaldo e o Concelleiro Fernando Varela, animounos a todos a facer este evento á vez deportivo e formativo.
2.- Cales foron os motivos que tivestes en conta, para escoller o campo do Seixo, como unha das sedes para organizar campus este ano en Ourense-capital?
Os motivos son evidentes, xa que o interese nesta demanda de actividades
por parte do club, é unha das súas apostas de futuro para a súa escola, e por outro lado a cercania coa capital que é un atractivo máis, para que estea aberto a todos os nenos de Ourense, independentemente do club no que xoguen. Por último a mellora feita no campo, fai do Seixo un lugar estupendo para a realización de eventos deportivos para os nenos.
3.- Que novidades presenta este campus, con respecto ós organizados en tempadas pasadas.
Aínda é cedo para desvelar estas novidades, pero pódovos garantir que a diversión e aprendizaxe están aseguradas e esperamos facer partícipes aos pais dalgunha das actividades, para que eles tamén poidan valorar este campus.
4.- Cantos campus organizades na provincia de Ourense?
Imos realizar os seguintes campus na provincia de Ourense: Sta Cruz (28 de xuño a 3 de xullo); Xinzo de Limia (5 de xullo a 10 de xullo ); Barco de Valdeorras (12 de xullo a 17 de xullo); Allariz (19 de xullo a 24 de xullo) e Carballiño (26 de xullo a 31 de xullo).
5.- Como ves o estado das instalacións de Sta. Cruz, para albergar este tipo de eventos?
Magníficas. Quizás tanto xogadores, como pais da escola de fútbol, aínda non
lle dean o tremendo valor e privilexio que teñen de gozar destas instalacións, pero son unha recompensa ao traballo de moita xente, que está na S.D. Arrabaldo e que non sempre se lle valora na súa xusta medida. Unicamente está pendente o tema de mellorar os accesos, pero cónstame que están traballando niso e ao final, como con moitas das súas ideas, seguro que o consiguen pois é unha necesidade prioritaria.
6.- Que tal respondeu a Concelleria de Deportes do Concello de Ourense?
A verdade é que todo foron facilidades pola súa banda. Agradezo dende aquí a total implicación por parte de Fernando Varela e quedo cunha valoración súa, na cal nos comentaba que sempre hai que apoiar estas iniciativas, xa que son polo ben dos nenos independentemente da procedencia destas.
7.- Como ves a colaboración da Fundación Celta de Vigo e o Arrabaldo?
Non son a persoa máis indicada para valorala pero podo decir, que a Fundación está desexosa de abrirse a iniciativas tanto deportivas coma formativas, como as propostas por esta Escola, e creo que a inquietude dos seus membros é digna de eloxiar e apoiar.
8.- Como pensades dar a coñocer este Campus entre os nenos de Ourense?
Realizáronse presentacións aos medios de comunicación en cada unha das
sedes, e ademais presentáronse aos nenos e pais mediente xogos e exposición de videos sobre anteriores edicións. Non obstante, contamos coa colaboracion do Concello e dos clubs para a súa divulgacion asi como tamén por parte dos medios de comunicación. Tamén existen carteis e trípticos en clubs ourensáns como Pabellón C.F., C.D. Ourense, Barbadás C.F., Ponte Ourense, asi como en cada sede. Dende aquí aproveito a ocasión para que calquera club ou neno/a, que queira información póñase en contacto coa S.D. Arrabaldo ou con cada sede. Para pedir información sobre tódolos campus, podedes consultar a páxinna web oficial do Real Club Celta de Vigo.
9.- Xa tendes pensado os adestradores e xogadores do primeiro equipo que nos visitarán?
Aínda é pronto para confirmar estas visitas, sobre todo porque no mes de xullo os xogadores están gozando das súas vacacións, pero seguro que nos visitará algún, como xa están a facer nas presentacións dos campus, como Fran Noguerol na presentación do campus de Sta. Cruz.
10.- Como monitor de campus, ¿Cóntanos a túa experiencia, anécdotas e recordos máis entrañables e curiosos?
A verdade é que a experiencia tamén é para nós, os monitores. Podía contar mil, pero soamente contarei a última que me sucedeu en Monforte, cando xogamos contra o Calasancio, no campionato galego alevín. Ó remate do
partido viñéronme a saudar 2 participantes da edición do ano pasado e preguntábanme se este ano iamos a desenvolver outro campus ali. Compartimos unha semana con eles e acordábanse coma se fose onte. ¡Que marabilla! Sen ir máis lonxe, onte en Sta. Cruz, nas xornadas para benxamíns, 3 nenos da escuela do Ribeiro (Dani, Carlos e Manuel) preguntábanme onde estaba un monitor do campus, que organizamos a tempada pasada en San Cristobal co Ribeiro C.F. Aínda se acordaban do meu nome. En fin só por estes detalles son os que me animan a seguir realizando estas actividades.
11.- Que influencia pode chegar a ter un campus destas características nos nenos que participen nel?
Pretendemos que sexa unha convivencia de nenos de varios clubs nas que o
nexo de unión sexa o fútbol, pero tamén aproveitar a ocasión para fomentar valores como o compañeirismo, o traballo en equipo o respecto, etc. todo iso baixo unha premisa fundamental: aprender divertíndose.
12.- Que esperades conquerir coa organización deste campus?
O principal é xerar actividades para os nenos/as, neste caso a través dun club como é o Celta, referente do fútbol base nacional e achegar a súa forma de traballar cos nenos e estar próximos a calquera inquietude por parte dos clubs en canto ás súas carencias ou necesidades.
13.- Que aceptación esperades (participación) neste campus?
Cónstame que será moi boa, xa que as persoas vinculadas ó Arrabaldo son unvalor seguro para a súa difusión e respaldo, e de feito así estanno a demostrar coa súa constante divulgación, só queda a colaboración doutros clubs da cidade e arredores, xa que non nos esquezamos que é unha actividade para tódolos nenos de Ourense, non debemos caer en egoísmos vulgares nos cales os grandes damnificados sexan os propios nenos.
14.- Como ves o Celta, na liga salvarase?
A pesar da mala tempada, espero que a salvación sexa efectiva canto antes e
poder planificar con tempo de abondo a seguinte tempada, para asi conseguir o ansiado ascenso.
15.- Dende dentro como se ve o futuro do Celta?
Quero velo claro e continuísta pero a crise económica tamén afecta aos clubs pero son dos que pensa que nestes casos, os que saen a flote destas situacións saen máis reforzados nos seus valores. Só gostaríame que viñesen á Madroa a ver como se traballa, no fútbol base do Celta. Só podo dar as grazas ao meu coordinador - Toni Otero- que me deu a oportunidade de seguir aprendendo ao lado de profesionais e compañeiros dentro deste gran club como é o Celta de Vigo. Realmente considérome un privilexiado.