TORNEO EN FAVOR DA CRUZ VERMELLA

 

O Arrabaldo participou co equipo Benxamín.

 

Torneo celebrado o sábado 12 de xuño en Oira a favor da Cruz Vermella.
Eran as 9:00 da mañá cando me asomei polas instalacións para ver como estaba todo organizado e cando chegaran os rapaces saber a donde tíñamos que ir.
Iniciouse o protocolo como de costume e comezou todo nos horarios previstos, agás que nos partidos dos benxamíns íamos con retraso, polo que os partidos pasaron a xogarse 10' por tempo con descansos de 1'.

O noso primeiro partido foi contra o Pabellón, onde os rapaces xogaron de cine, e a pesar de non ter sorte nas poucas chegadas á porteria rival, só marcaron as diferencias os erros defensivos, onde seguimos precisando máis concentración. Resultado final 3-0
O segundo partido xogámolo contra Sta Teresita "B", e, sorprendentemente íamos perdendo 2-0, porque a empanada mental era tan grande que algún non sabía nin para donde atacaba. Tras unha primeira metade mala, na segunda as broncas do descanso xurdiron efecto e propiciaron a remontada, para rematar con un 2-4, onde xa non solo marcan Martín e David, senón que tamén o fixeron Damián e Alexandre.
O derradeiro partido da mañá era contra o rival directo, Sta Teresita "A", que, como aconteceu en liga, tiñamos unha rivalidade tremenda, e así foi, partido moi tenso, onde os porteiros xogaron un papel importante no empate a 3.

Pasamos a xantar, onde nos puxemos Rubén e o menda a facer cálculos e, si queríamos chegar á final seguros, tiñamos que pasar de segundos para enfrontarnos ó Sta Teresita "B", porque si pasabamos de 3º tocábanos o Pabellón. Así que, comezamos moi agresivos contra Nogueira, pero os do banquillo aportaron o xusto, e non demos feito a proeza de gañar por diferencia de 9 tantos, co que a nosa sorte estaba rematada, xa que quedamos 6-1.

Pasaba como 1º o Pabellón, 2º Sta Teresita "B", 3º Arrabaldo, 4º Sta Teresita "B" e fora de semis o Nogueira.

Tocábanos xogar contra o Pabellón e os rapaces acababan de queimar bastantes enerxías, co que ía ser complicado, pero intentouse a proeza e, tras unha boa motivación rematamos a 1ª metade perdendo 1-0, pero, na segunda os esforzos pagáronse caros e os nenos estaban esgotados, si lle sumamos un erro defensivo que propiciou o 2-0, a moral estaba tan baixa como as forzas, para rematar un 5-0.
Coa cabeza ben alta e o orgullo polas nubes tras un torneo con un nivel moi bo onde os xogadores que recibiron o premio pola sua tempada, responderon de maravilla.


Enhoraboa ós pequenos porque o clube está orgulloso de que formedes parte deste proxecto de futuro.

Grazas a eses pais/nais que sempre están para colaborar en todo, cando poden.


Enhoraboa á directiva polo gran traballo levado a cabo esta tempada.

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: