CRÓNICA DOS PARTIDOS DO PASADO FIN DE SEMANA (24 e 25 do 04/10)

 

VETERANOS:

 

VILATUXE 2 TRASALBAUTO-ARRABALDO 2

 

POUCO BOTIN


Magnífico partido xogado polo Arrabaldo este fin de semana en Lalín contra o Vilatuxe, nun partido onde os visitantes dominaron máis e mellor o balón, pero onde as oportunidades de gol se repartiron por igual entre os dous equipos

A primeira parte rematou en táboas sen goles de puro milagre, porque os dous equipos tiveron varias oportunidades moi claras para abrir o marcador

Na segunda parte foi o Vilatuxe o primeiro en adiantarse no marcador nun gran contragolpe, que o seu dianteiro executou de forma maxistral, pero lles durou pouco a alegría, porque Josiño puxo as táboas no marcador, no saque dun córner despois dun par de rexeitamentos.

A falta de 5 minutos para o termo do encontro, volvéronse adiantar os locais cun gol en propia porta do Arrabaldo. Cando xa pasaban 4 minutos do final do encontro, Paco forza un penalti, que el mesmo transforma, para deixar as táboas ao final do encontro.
Dúas formas diferentes de xogar ao fútbol, o Arrabaldo tocando e o Vilatuxe con desprazamentos longos, pero co mesmo resultado.

                                                  

 

 

3ª AUTONÓMICA:


S.D. ARRABALDO - LODAIRO

 

O Equipo senior, xogou un partido amistoso o domingo pola tarde no campo do Seixo, baixo un calor insoportable, con pouca xente nas gradas.
O partido enfrentou o Arrabaldo e o Lodairo, equipo adestradado por Rubén, ex-adestrador do equipo xuvenil e infantil do Arrabaldo, fai dúas tempadas e que deixou moitos amigos en Sta. Cruz.
O partido serviu para seguir coa preparación que Gamallo, adestrador do equipo senior do Arrabaldo, está levando a cabo, para que os xogadores non perdan a forma e sigan competindo de cara a eliminatoria da Copa Deputación, que nos enfrentará co Abelenda das Penas.

Destacar a meritoria actuación do arbitro do partido, conseguiu un moreno "playero" sen tocar Samíl.
No diario local de “La Región”, na súa páxina central sae a foto do equipo senior do Arrabaldo. Sae a plantilla completa, a falta de algúns xogadores, que non poideron estar presentes o día que se fixo a foto: Pablo, Coello, Andrés, Yoni.....

 

 

 

Xogadores do Arrabaldo e Melón que participaron no partido da pasada semana.

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: