CRÓNICA DOS PARTIDOS DO PASADO FIN DE SEMANA (17 e 18 07/10)

 

VETERANOS:

 

TRASALBAUTO-ARRABALDO 2 BARBADÁS 3

 

                                                  

O equipo de veteranos do Arrabaldo, perdeu o sábado o seu partido contra o Barbadás, por un apretado 2-3. Os de Sta. Cruz botaron de menos ó seu porteiro titular, que non puido asistir por motivo dun desprazamento.
As poucas posibilidades que quedaban para alcanzar os postos de ascenso se esfumaron totalmente con este resultado. Soamente quedan dous partidos para gozar e pensar na Copa de veteranos. 

Foi todo un mérito o conseguido nesta tempada, pois a pesar de ser a súa primeira participación nesta liga, conseguiron estar entre os primeiros clasificados en parte do campionato e loitaron case ata o final polo ascenso. Motivos extradeportivos, faltas de asistencia a partidos, dalgúns xogadores, lesións… foi o motivo do baixón despois de nadal, o que fixo que perdesen moitas posibilidades.
O sábado dominaron o partido de principio a fin, controlaron o balón, gozaron de moitas oportunidades de gol, pero as chegadas do equipo visitante á área local contáronse con goles.


3ª AUTONÓMICA:


S.D. ARRABALDO - MELÓN

 

O equipo senior do Arrabaldo, unha  vez conseguido o primeiro posto da liga, segue coa súa preparación para afrontar, en maio, a eliminatoria de Copa Deputación contra o Abelenda das Penas. Con este fin, xogouse onte un partido amigable contra o Melón.

Tempo marabilloso para xogar ao fútbol e pouco público nas bancadas. O Melón chegou con moitas baixas e con tan só 11 xogadores.
O Arrabaldo fixo o seu xogo, tentando facer o que o seu adestrador lles indicou e gañou o partido con suficiencia. O próximo fin de semana visitaranos outro equipo amigo, o Lodairo de Carballeda de Avia, adestrado por Rubén, que estivo unha tempada connosco.
O noso agradecemento ao Melón por axudarnos nesta preparación, e os nosos desexos de que para a próxima tempada sexa a do seu ascenso a 2ª autonómica.

 

 

Xogadores do Arrabaldo e Melón que participaron no partido.

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: