CRÓNICA DOS PARTIDOS DO PASADO FIN DE SEMANA (13 E 14/03)
VETERANOS:
GOMESENDE-PROL 2 TRASALBA.-ARRABALDO 0
A DERROTA COMO NORMA
De novo as continuas ausencias, xogaron unha mala pasada ao Arrabaldo, que se
encontrou unha vez máis con numerosas baixas na parte defensiva, o que leva consigo a modificar o resto das liñas, descompensando todo o equipo.
Outro partido con ausencia total de oportunidades de marcar, e a pesar de tratar moito mellor o esférico que a maioría dos seus rivais, son estes os que se acaban levando os puntos.
Empezou moi mal a primeira parte cun gol do Gomesende-Prol na primeira xogada de ataque do partido aos escasos cinco minutos do asubío inicial, o que caeu como un xarro de auga fría sobre os visitantes, que a pesar de ter todo o partido por diante non foron capaces de crear ningunha oportunidade para corrixir a desvantaxe no marcador.
Da mesma forma que empezou o encontro rematou, co segundo gol dos locais a falta
doutros cinco minutos para o asubío final, nun arriscado intento do Arrabaldo por poñer táboas no marcador, o que o levou a adiantar moito as liñas, pillándoos nun contragolpe en inferioridade numérica e, sentenciando os locais o partido ao seu favor.
A única nota positiva é a recuperación de Gilberto e José Ramón, ambos os dous ausentes practicamente toda a tempada por sendas lesións.
3ª AUTONÓMICA:
S.D. ARRABALDO 2 C. D. VELLE B 1
O equipo local, unha vez conquerido, mellor dito “casi conquerido” o obxectivo da tempada “ o ascenso”, está na loita polo primeiro posto da clasificación. Estamos xa
na recta final, e tivemos que enfrentarnos con dous equipos implicados na loita: Palmés (o que gañamos o pasado fin de semana, 1-2) Velle B (ganouselle onte por un apretado 2-1) e quédalle outro partido de rivalidade o vindeiro fin de semana en Melón. Pasamos con apuros, pero gañando, dous partidos fundamentais nesta loita, agora temos que esperar que pinche o Velle B e nós, non perder ningún outro partido para conquerir dito obxectivo, cousa complicada pero non imposible.
Onte pola tarde, con moito público nas gradas e un tempo primaveral, xogouse o partido mais esperado da competición. Durante a primeira parte os de Sta. Cruz dominaron o partido de principio a fin, controlaron o xogo, crearon ocasións e
marcaron dous goles, mentras que o Velle B non disparou ningún balón entre os tres paos. Rematou a primeira parte coa clara victoria dos locais por un 2-0.
Na segunda parte, os de Sta. Cruz baixaron no aspecto físico, controlaron menos o partido e os do Velle fóronse a polo partido, marcaron pronto o primeiro gol pero non foron capaces de obter o obxectivo final, o partido rematou cun 2-1 a favor dos locais.
Na xornada de onte, temos que reseñar a victoria do Palmés no campo do Melón, quedando o Melón a espensas do que faga o próximo venres, no seu enfrentamento co Moreiras, partido que decidirá casi definitivamente o equipo que ascende dos dous sinalados. O Sande terminou perdendo en Soutopenedo co Rante, o que o alexa da loita polo primeiro posto pero segue con moitas opcións de ascenso. O Moreiras, según noticias non oficiais, ía gañando o partido no campo do Piñor, antes de ser suspendido. Si este resultado se concreta, deixará o Moreiras a tan solo 2 puntos do Melón e 3 do Sande.

Once titular do Arrabaldo neste partido.