CRÓNICA DOS PARTIDOS DO PASADO FIN DE SEMANA (13 E 14/02)

 

VETERANOS:

 

PONTEDEVA 3 TRASALBAUTO-ARRABALDO 1

             

E OUTRA MÁIS

Viaxe a Pontedeva, con pérdida nalgúns xogadores, pois non sabian chegar ao campo de fútbol.  Como era previsible e vén sucedendo últimamente o Arrabaldo sucumbiu ante un bo equipo, dándose o mesmo resultado que no partido de ida, pero neste caso a favor do Pontedeva.
O Arrabaldo presentouse con varias baixas por diversos motivos, cousa que non é desculpa para os resultado que estamos colleitando últimamente.  Estamos atravesando unha racha negativa, con malos resultados, pero isto débenos servir para aprender e sacar unha lectura positiva: non somos tan malos como parecemos nos últimos partidos nin tan bos como nos creiamos, fai algún tempo.
Temos que seguir loitando e facer unha piña para que pronto cheguen os bos resultados e deixar canto antes esta mala racha.
O Pontedeva ten un bo equipo, que seguro estará a final de liga, entre os primeiros e non temos nada que obxectar, pois gañou o equipo que mellor xogou e tiveron en todo momento un comportamento exemplar.

 

 

 

3ª AUTONÓMICA:


S.D. ARRABALDO 3 C.D. CENLLE 2

 

O domingo pola tarde sumamos tres puntos de ouro, ante un rival que nos puxo as cousas moi dificiles.
O Arrabaldo presentou varias baixas, tiñamos tres expulsados e xogadores lesionados. O adestrador local soamente tiña dous cambios no banquiño e un deles era porteiro.
O Cenlle traia a lección moi estudada de como xogar para intentar gañar o partido e estiveron a piques de conseguilo. Situáronse moi ben, con lineas moi pegadas, intentando mandar balóns ás costas dos defensas locais. Tiveron dúas ocasións e soubéronas aproveitar, marcando dous goles que fixo que o resultado ao final da primeira parte fose un 0-2.
O Arrabaldo dominaba o partido e o balón, pero o Cenlle daba moi poucas oportunidades. Ao carecer de dianteiro, pois xogaba Pablo nesa posición que é mediocentro, o Arrabaldo desaproveitou as oportunidades que creou no primeiro tempo. O Cenlle non xogaba ao patadón, senón que intentaba mover o balón e presionaba bastante arriba, o que dificultaba as entradas por banda dos locais.
Na segunda parte, cambiou o partido e o Arrabaldo pasou a dominar completamente e crear numerosas ocasións de gol, os do Cenlle non lograron chegar con claridade á meta de Antolinez.
O primeiro gol, chegou de saque de falta ao bordo do área, sacada por Piri, que de tiro raso e contra a barreira, esta abriuse e o porteiro do Cenlle non puido facer nada. Os outros goles, chegaron despois de rexeites do porteiro visitante, marcounos Diego, que estivo moi atento a eses balóns que non blocaba o porteiro.
Este resultado, e máis dispois do empate entre Melón e  Sande, achéganos  algo máis ao ascenso, pois xa estamos a 7 puntos do Moreiras e a 4 e 5 do Sande e Melón, respectivamente.

 

Equipo do C.D. Cenlle

 

 

Equipo do Arrabaldo.

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: