CRÓNICA DOS PARTIDOS DE FÚTBOL-7

 

ALEVIN: COPA DEPUTACIÓN

S.D.C. ARRABALDO 2 BARBADÁS B 9

 

Partido igualado na primeira metade na que o Arrabaldo se adiantou no marcador con dous goles que parecían encarrilar o partido para os locais, con todo, o Barbadás reaccionou e conseguiu o empate nos últimos minutos deste primeiro período.
Despois do descanso os de Vos Carrís saíron a por o partido e pronto o deixaron sentenciado, mentres que os de Arrabaldo, aínda que o tentaron, pouco puideron facer e nesta segunda parte apenas inquietaron a portaría de Alex.

Vitoria ampla do Barbadás que o sitúa na segunda posición do grupo empatado co Santa Teresita aínda que a bastante distancia do Pavillón C.

 

Equipo Alevín do Arrabaldo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.......................................Equipo Alevín do Barbadas B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BENXAMÍN : COPA DEPUTACIÓN

S.D.C. ARRABALDO 7 OURENSE B 6

 

O partido tiña un claro pronóstico a favor do Ourense, posto que nos anteriores 3 enfrontamentos o gañador claro no xogo e no marcador foi él.
Pero, o adestrador local cambiou o sistema táctico para intentar sorprender e, tras unha dosis extra de motivación e concentración, os xogadores saíron enchufadísimos e pronto nos colocamos por diante no marcador, tónica determinante para incentivar ó resto dos rapaces a participar e traballar en equipo.
O xogo foi moi constante, onde o Ourense chegaba de forma intermitente debido a que traía baixas importantes e xogou con prebenxamíns, e que o Arrabaldo tivo algún despiste defensivo.
Na segunda metade, tras unha ventaxa de 2 goles o Ourense achegábase no marcador e controlou o partido nos primeiros minutos, chegando a meter ó equipo local na súa área, pero despois o partido quedou máis aberto e, ca velocidade de Martín e David , desequilibrouse o marcador para lograr unha victoria moi importante para a moral do Arrabaldo.
A nota máis sorprendente foi a ilusión que lle puxeron os máis cativos, que van mellorando tácticamente, e, como froito dese traballo Hugo González obtivo o mellor premio, o seu primeiro gol ca camiseta do Arrabaldo en competición oficial.
Resultado final 7-6.
A vindeira fin de semana teremos un difícil encontro contra Nogueira, onde os máis cativos terán máis minutos para seguir rodando e disfrutando. Teremos alineación sorprendente e un sistema táctico distinto.

 

Resultados do Grupo:

S.D. ARRABALDO 7 C.D. OURENSE 6

STA. TERESITA 4 NOGUEIRA DE RAMUIN 3

 

PRÓXIMA XORNADA:

 

Ourense B - Sta. Teresita B

Nogueira Ramuin - S.D.C. Arrabaldo

 

 

CLASIFICACIÓN DO GRUPO C de 2ª BENXAMÍN

 

 

Equipo

Pj

Pts

Ga

Em

Pe

GF

GC

Ourense B 

12 

46 

13

Sta. Teresita  

10 

29

28

Arrabaldo 

7 

26 

33 

Nogueira 

5

0 

5

12 

39 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: