CRÓNICA DOS PARTIDOS DE FÚTBOL-7

 

ALEVIN: S.D.C. ARRABALDO 0 PABELLÓN B 20

 

Partido xogado o sábado pola mañá con moita choiva, onde o Pabellón demostrou que está por encima de nós. O Arrabaldo defendeuse ben, mellor que en outros partidos, pero iso non é suficiente, ante un equipo superior.

 

Xogaron:

polo Arrabaldo: Alex, Miguel, David, Aitor Conde, Gabriel, Jose, Adrián, Brais, Oscar e Grela.

Polo Pabellón: Carlos, Eleazar, Alvaro, Borja, Juan, Pedro, Oscar, Xoel, Diego Ron, Marcos e Iago.

 

 

BENXAMÍN : COPA DEPUTACIÓN

 

S.D. ARRABALDO 9 NOGUEIRA DE RAMUIN 6

 

Partido celebrado o sábado 20 de abril de 2010 as 12:00 no campo de "O Seixo" entre o Arrabaldo e o Nogueira.
As estadísticas indicaban un partido favorable ó equipo local, pero as condicións metereolóxicas non axudaban moito.
Comezou o partido moi igualado, pero pronto se comezou a desquilibrar favorecendo ó Arrabaldo, que na primeira parte costoulle entrar en xogo, e chegaba con moitas accións individuais con claridade á meta rival.
Na segunda metade, tras varias combinacións, logrouse incrementar a renta a favor do Arrabaldo, e, como deberían facer moitos outros clubes, pasaron a tomar protagonismo os máis pequenos do equipo, onde se perdía con máis frecuencia o traballo en bloque que se machacou durante a semana, pero víronse moitas cousas positivas de xogadores que comezan neste arte do fútbol.
Obxetivo cumprido unha semana máis.
O resultado final foi de 9-6.
 
A semana que ven iremos a Santa Teresita, rival descoñecido para nos nesta liga, pero seguro que nos vai dar traballo, co que intentaremos traballar xogadas de estratexia, presión na saída do balón e saques de portería.

 

Resultados do Grupo:

STA. TERESITA 1 C.D. OURENSE B 12

S.D. ARRABALDO 9 NOGUEIRA DE RAMUIN 6

 

PRÓXIMA XORNADA:

 

Sta. Teresita B - S.D. Arrabaldo

Ourense B - Nogueira Ramuin

 

 

CLASIFICACIÓN DO GRUPO C de 2ª BENXAMÍN

 

 

Equipo

Pj

Pts

Ga

Em

Pe

GF

GC

Ourense B 

6 

20 

Arrabaldo 

3 

12 

14 

Santa Teresita B 

3 

10 

15 

Nogueira 

0 

15 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: