CRÓNICA DOS PARTIDOS DE FÚTBOL-7
ALEVIN: COPA DEPUTACIÓN
S.D.C. ARRABALDO 3 ARRANXAR 6
Partido xogado o sábado pola tarde no Seixo, con tarde soleada e bo ambiente no graderio. O Arranxar foi superior e gañou merecidamente o partido da Copa Deputación.
BENXAMÍN : COPA DEPUTACIÓN
STA. TERESITA 8 ARRABALDO 8
Partido celebrado o sábado, 17 de abril, as 17:00 en Eiroas, contra o Santa
Teresita.
Encontro que tivo unha primeira metade na que dominou o equipo local, con boas xogadas en equipo e acerto na definición, onde o Arrabaldo adicouse a facer xogadas individuais, con moi pouca intensidade defensiva e escaso acerto ofensivo. Resultado 7-3.
Tras o descanso, o equipo local non daba saído con comodidade do seu campo, debido a unha boa presión e intensidade ofensiva, con unha boa colocación e acerto no remate. Predominou o xogo en equipo, e como premio conseguiuse remontar o
marcador a un 7-8, que, nos derradeiros intres do partido quedou 8-8, por causa dunha relaxación defensiva e desgaste físico.
Trepidante partido que o público disfrutou con intensidade e que nos sirve para modificar o sistema para o derradeiro partido, no que buscaremos a sorpresa e intentaremos disputar un encontro igualado.
Resultados do Grupo:

STA. TERESITA 8 S.D. ARRABALDO 8
NOGUEIRA DE RAMUIN 1 OURENSE B 15
PRÓXIMA XORNADA:
S.D. Arrabaldo - Ourense B
Sta. Teresita B - Nogueira Ramuin
CLASIFICACIÓN DO GRUPO C de 2ª BENXAMÍN
|
Equipo |
Pj |
Pts |
Ga |
Em |
Pe |
GF |
GC |
1 |
Ourense B |
4 |
12 |
4 |
0 |
0 |
40 |
6 |
2 |
Sta. Teresita |
4 |
7 |
2 |
1 |
1 |
25 |
25 |
3 |
Arrabaldo |
4 |
4 |
1 |
1 |
2 |
19 |
27 |
4 |
Nogueira |
4 |
0 |
0 |
0 |
4 |
9 |
35 |
