CRÓNICA DOS PARTIDOS DE FÚTBOL-7
ALEVIN: C.D. OURENSE B 15 S.D.C. ARRABALDO 1
O equipo alevín segue sen levantar cabeza e voltou a perder en Oira ante un
Ourense B moi forte. Partido moi desigual entre dous equipos moi distintos, o Ourense xoga o fútbol en conxunto e o Arrabaldo segue a facer cada un a guerra pola súa conta. O partido non tivo moita historia, pois o Ourense foi moi superior en todo momento e atopouse cun equipo desorganizado e sen ilusión.
Alineacións: Ourense B: Rafael, Brais, Eduardo, Julian, Juan, Pablo, Diego, Hugo, Fernando, Mayo, Rodriguez e Blanco.
Arrabaldo: Oscar, Raul, Conde, Adrian, Christian, Jose, Gabriel, Diego, Aitor, Brais.
BENXAMÍN : COPA DEPUTACIÓN
C.D. OURENSE 8 S.D. ARRABALDO 3
Partido celebrado o sábado 13 de marzo de 2010 ás 11:15 en Oira contra o Ourense "B".
Unha fermosa mañá onde o Arrabaldo tiña que enfrontarse ó rival máis
duro do grupo, pero con posibilidades de facer cousas importantes.
Na primeira parte, o equipo xogou moi arroupado, con contundencia defensiva, aínda que non logrou facer moito perigo en ataque, chegando en contadas ocasións. O resultado era moi alentador, a favor do Ourense 3-1.
No comezo da segunda metade, e temendo a empanada dos primeiros 5 minutos de tódolos partidos, desequilibrouse un pouco o equipo, porque cadaquén comezou a facer a guerra polo seu lado. Pero tras un par de cambios, reestableceuse o grupo, e conseguimos voltar ó xogo do inicio do
partido.
Salientar que non lles deixamos xogar cómodos en ningún momento, e que aparte dos goles de falta que nos ten acostumado Martín Álvarez, Damián marcou un gol de fermosa factura, foi máis un centro que un remate.
O obxectivo cumpriuse, non perder por máis de 5.
E agora queda gañar os seguintes dous partidos para optar á seguinte eliminatoria.
Resultados do Grupo:
C.D OURENSE B 8 S.D. ARRABALDO 3
NOGUEIRA RAMUIN 3 STA. TERESITA B 9
PRÓXIMA XORNADA:
Sta. Teresita B - C.D. Ourense B
S.D. Arrabaldo - Nogueira Ramuin