CRÓNICA DOS PARTIDOS DE FÚTBOL-7
CALASANCIO B 12 S.D.C. ARRABALDO 1
Partido celebrado o sábado 6 de marzo de 2010 no campo dos Calasancios en Monforte de Lemos.
O equipo do Arrabaldo chegaba moi mermado, con moitas baixas e con un reforzo do equipo benxamín. Increiblemente, de 18 xogadores só estaban para
xogar 7, o que fai pensar si para a vindeira tempada tocará facer limpeza seria e traballar cos que de verdade teñen ilusión por aprender.
O partido comezou co Arrabaldo un tanto despistado, que encaixou 4 goles moi rápido, pero non creou ocasións de perigo ata ven pasados 20 minutos, e as poucas que se tiveron, non se transformaron, en grande medida ó acerto do porteiro local.
Na segunda parte, a descolocación foi determinante, porque se lle permitía mover o balón con facilidade ó rival, que, aínda sendo superior, aproveitou os erros visitantes para distanciarse no marcador.
A única nota positiva foi o gol do benxamín Martín.

Equipo que presentou o Arrabaldo en Monforte.