1ª AUTONÓMICA XUVENIL

 

S.D. ARRABALDO 1 PABELLÓN PROMESAS 2

 

 

S.D.Arrabaldo:
 Hugo, Marcos, Josiño, Hector, Pablo, Borja, Zulu, Xabi, Mario, Hector, Busto.

 

Pabellón Pr.:

David, Outeiriño, Amoeiro, Roberto, Jordan, Alfonso, Fernando, Movilla, Failde, Lamelas, Antón.

 

Goles: 1-0,min.7 Pablo; 1-1, min.55 Faílde;1-2, min.75 Antón.

 

Moi bo partido o disputado o sábado pola tarde en Santa Cruz e con moita xente nas gradas. Era o último partido da liga. O equipo visitante xogábase toda a tempada nun só partido, e os locais non nos xogabamos nada, simplemente rematar a tempada cunha boa imaxe e con gañas de resarcirnos da goleada sufrida a semana pasada ante o Barbadás. Cumplímolo con creces, facendo un partido moi serio en defensa e no que loitamos cara a cara, ante un gran equipo, que disputará a fase de ascenso a liga galega. Este partido sírvenos para recuperar a moral e confiar nas nosas posibilidades de facer un bo papel na Copa Deputación, ante os equipos de Maside, Ponte Ourense e Cortegada.
Saimos ao campo con moitas gañas de facer un bo encontro, e moi pronto chegaría o gol o noso favor, obra de Pablo, ao aproveitar un rechace do porteiro do Pabellón, nunha falta sacada por Borja. Ata o descanso, o resultado non cambiaría e eso foi debido á gran seriedade defensiva mostrada polo noso equipo e con contras rápidas e moi ben levadas, que poideron aumentar  a diferencia o noso favor.
Na segunda parte, o Pabellón saíu a por todas, xa que un empate chegaba e o Arrabaldo seguiu defendendo moi ordenadamente ata que os 10 minutos da segunda metade, o Pabellón poñía o empate, nun remate de cabeza a saída dunha falta.  Máis tarde chegaría o segundo, nunha xogada en posible fóra de xogo, que facía que o Pabellón se puxese por diante.
Ata o final do encontro, o noso equipo seguiu loitando por un posible empate e aínda que non se conseguiu, o equipo deixou moi bo sabor de boca de cara a próxima semana que nos enfrentamos ao Maside, para a Copa Deputación. Outra noticia moi boa para o noso equipo e a recuperación de Luis que volveu xogar despois de moito tempo.

Dar a noraboa ao Ponte, Pabellón Promesas, Barco e Barbadás, que nos representarán nas eliminatorias de  ascenso a liga galega e desexarlle toda a sorte do mundo para conseguir un posible ascenso.

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: