1ª AUTONÓMICA XUVENIL

 

S.D. ARRABALDO 4 MASIDE 3

 

O fin de semana saíu redondo para os equipos da entidade. Neste caso os xuvenís conseguiron matemáticamente o seu obxectivo que era a permanencia, ó gañarlle por 4-3 a un Maside, que nos puxo en moitos apuros no principio de partido, e que se xoga a ese nivel poderase salvar sen problemas.

O encontro comezou moi mal para os nosos intereses e aos 10 minutos xa perdiamos 0-2, pero a partir de ahí despertamos, e conseguimos por medio de Xavi, chegar co empate a dous ao descanso, o primeiro cun zurdazo dende a frontal da área e o segundo ao rematar de maneira perfecta un bo centro de Borja.

Na segunda metade todo se puxo de cara, aos 8 segundos de comezar, nunha xogada rapidisima dos nosos, de novo Xavi anotaba o terceiro que nos poñía por diante, e minutos despois Marcos poñía o 4º nunha boa xogada. Chegando xa ao final o Maside facía o seu 3º gol co que se chegaría ao pitido final.

Con este resultado cumplimos un obxectivo, que por momentos dubidamos poder acadar, pero que ao final se conseguiu. Agora réstannos 3 encontros ante o Oira e Barbadás e Pabellón (estes dous no noso campo) polo que seremos o equipo que posiblemente, poida deixar a algún equipo fóra da fase de ascenso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: