CRÓNICA DE VETERANOS (08/05/10)

 

CANCELAS 2 TRASALBAUTO- ARRABALDO 5

 

BO FINAL


Magnífico resultado conseguido polos Veteranos do Arrabaldo en Toén contra o Cancelas, no partido que pechou a liga regular da tempada 09/10, un 2-5 que ó final quedouse curto por xogo e ocasións dos visitantes.
Púxoselle moi pronto o encontro de cara ao Arrabaldo cun gol de Paco, conseguido cun forte disparo dende fóra da área que o porteiro do Cancelas se come por estar mal colocado. A pesar de non ter un claro dominio do balón, daba sempre a impresión de que o partido estaba moi controlado polo conxunto visitante, debido sobre todo, a que os locais apenas eran capaces de crear algunha ocasión clara de gol. Aos 15 minutos Suso pon o 0-2 no marcador, pero acurta distancias o Cancelas 5 minutos despois nun erro defensivo do Arrabaldo, ao querer deixar en fóra de xogo ós dianteiros locais. A 7 minutos do final da primeira parte, Joseito marca o terceiro de vaselina para os visitantes despois dun pase en profundidade de Geni.
Na segunda parte, o Arrabaldo xa tivo máis o control do balón e empezou a dominar o centro do campo co que se fixo co control total do partido, malia todo foi o Cancelas o que voltou acurtar distancias co 2-3, noutro claro fallo da zaga visitante. A partir dese gol, o resto do partido foi un paseo para os visitantes, ata Suso foi capaz de marcar outro gol, o cuarto, co que conseguía un dobrete que non fixera en toda a tempada. Estivo a punto Geni de facer o quinto, pero raras circunstancias impediron que o balón chegase entrar na portaría. Foi Carliños o que puxo o 2-5 definitivo no marcador, de penalti, que cometera o porteiro cunha entrada terrorífica sobre Xoaquín que a punto estivo de romperlle o xeonllo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: