O ARRABALDO CAMPIÓN DE LIGA DA 3º AUTONÓMICA, GRUPO 16

 

S.D. ARRABALDO 5 MASIDE B 1

 

CAMPIÓNS! Nesa palabra podíase resumir este fin de semana e toda a tempada do equipo senior. Na última xornada de liga xogábase o título ante o filial do Maside e conseguímolo cun resultado abultado 5-1.
O Arrabaldo foi moi superior ó Maside B, nun partido xogado o domingo pola tarde, e cun tempo primaveral.
Xa na metade da primeira parte, o xuvenil Xavi metía os dous primeiros goles e Fredi facía o terceiro, pero antes do descanso o Maside facía o seu gol, nun moi bo lanzamento de falta.

Na segunda metade o Arrabaldo controlou o partido perfectamente e aínda ampliaría a súa vantaxe con 2 golazos, un de Hugo e outro de Piri.

Ao remate do partido todo foi festa e alegría. Con este título por fin deixamos a 3º Autonómica atrás e agora centrámonos na Copa, esperando facer un posible dobrete, aínda que o obxectivo que nos marcamos a principio de tempada, está máis que conseguido. Noraboa a tódolos xogadores, adestrador, directivos e persoas que fixeron posible está tempada exitosa, que aínda pódese ver máis recompensada coa Copa.

Os xogadores do Arrabaldo celebraron o campionato con champaña e tirada de fogos, mollaron aos directivos e gozaron xunto co seu adestrador, dun merecido triunfo que lle deu, o primeiro posto da liga de 3ª Autonómica do Grupo 16.
Xunto co Arrabaldo, ascenden a 2º Autonómica Palmés,  Sande e Melón. Queremos dende aquí felicitar aos equipos ascendidos e desexarlles moita sorte na 2ª Autonómica a próxima tempada.

 

A Xunta Directiva do S. D. Arrabaldo quere felicitar a todos os xogadores e adestrador polo logro alcanzado. Temos que públicamente agradecer e considerar o traballo realizado por Gamallo, adestrador do equipo senior, durante toda a tempada e sobre todo, tendo en conta as dificultades coas que tivo que loitar. 

 

 

 

¡¡¡Felicidades a todos e esperamos seguir conquerindo triunfos na Copa Deputación!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: