3ª AUTONÓMICA SENIOR
S.D. ARRABALDO 6 STA. TERESITA 3
Partido disputado o domingo no campo do Seixo, nunha tarde moi fria e chuviosa, o que fixo que o campo estivera encharcado, nalgunhas zonas e non deixase rodar o balón con facilidade.
A primeira parte empezaba da mellor maneira posible para os nosos, aproveitando tres regalos da defensa do Sta. Teresita, e poñendo no marcador un 3-0 (Diego, Pika e Hugo) que parecía pechar o encontro, pero nada máis lonxe da realidade. Os visitantes seguiron pelexando e tocando o balón e así anotarían o 3-1 e o 3-2 case seguidos. Despois desto, os locais tiñan que despertar e na seguinte xogada, Diego poñía o 4-2, que esta vez si que parecía sentenciar o partido. Pero outra vez un fallo defensivo do Arrabaldo, deixando a un xogador visitante solo de todo, ó borde da área facía que o partido se axustase ata o 4-3, co que se chegaria ó descanso.
A segunda metade xa foi totalmente diferente, o Sta. Teresita non creou moito perigro sobre a portería de Antolinez, e os nosos marcaron dous goles máis, obra de Diego e o de Fredi de falta directa.
Co resultado final de 6-3, acercámonos moito o ansiado ascenso a 2º autonómica. Para a semana visitaremos o campo do Palmés que será un partido importantisimo polas aspiracións o título.
