PARTIDOS DO FIN DE SEMANA (15, 16 e 17 /05/10)
XUVENILES: COPA DEPUTACIÓN
PONTE OURENSE 5 S.D. ARRABALDO 1
S.D. ARRABALDO 2 CORTEGADA 5
Acabouse a tempada para o equipo xuvenil. Rematou coa disputa da 1º rolda da Copa Deputación, sen conseguir ningún punto. No primeiro
partido fomos derrotados polo Maside por un contundente 1 - 5. Este fin de semana caiamos ante os outros dous equipos, Ponte Ourense e Cortegada, en dous encontros marcados polas baixas de varios xogadores do equipo xuvenil. Nestes partidos xogaron varios cadetes que responderon perfectamente a pesar das derrotas. No partido do sábado ante o Ponte, costoulle gañarnos, pois a falta de 10 mintos, o partido reflexaba un empate no marcador.
Recibimos 5 goles en cada partido, ante o Ponte perdemos 5-1, aínda que demos moi boa imaxe, ante o equipo gañador da liga, que xogará esta semana próxima a fase de ascenso á liga galega. E o luns, perdiamos na casa 2 - 5 ante o Cortegada, nun partido no que non nos xogabamos nada e cun calor abafante. Os xogadores do equipo xuvenil, agradecen o esforzo e o comportamento dos cadetes que xogaron con nós.
Con estes dous resultados acabamos a tempada na que conseguimos a permanencia e pouco máis.
CADETES: COPA DELEGACIÓN
OIRA 0 S.D. ARRABALDO 3
Partido moi cómodo para os cadetes en Oira, pois foron bastante superiores ao equipo local e continúan cultivando vitorias. Os de Sta. Cruz dominaron
toda a primeira parte, foron superiores ao Oira, e conseguiron un sinxelo 3-0, aínda que abusando un pouco do xogo directo.
Na segunda parte, o Arrabaldo adicouse a aguantar o resultado, e o Oira, intentou reducir a distancia no marcador, aínda que sen oportunidades claras. Os de Arrabaldo fixeron unha boa defensa e non se deixaron sorprender.
INFANTÍS: COPA DELEGACIÓN
STA. TERESITA 5 S.D. ARRABALDO 9
Partido para analizar fríamente e sacar conclusións sobre a aptitude do noso equipo, bo resultado, ben en ataque (todo o equipo), mal, moi mal en defensa
(todo o equipo), o resultado foi sen dúbida o mellor, gañamos 5 - 9 .
Os primeiros 15 minutos de partido foron un desastre pola nosa banda, aos 15 segundos de partido perdiamos 1-0, e aos 15 minutos 3-1. A partir dese momento comezamos a asentarnos no campo e logramos chegar ao descanso cun claro 3-7. Na segunda parte, o partido estabilizouse un pouco, o xogo foi máis igualado, con mais control de balón e non se crearon tantas ocasións. Cada equipo marcou dous goles máis, o que demostra a igualdade existente. Polo Arrabaldo marcaron Alberto 3, Dani Guerra 2, Bruno 2, Pepe 1 e Pablo 1.
