COPA DELEGACIÓN INFANTIL
S.D. ARRABALDO 6 ARRANXAR 2
Outro moi bo resultado, do equipo infantil de Sta. Cruz, este fin de semana.
Este pasado sábado gañamos por 6-2 a un Arranxar que se presentou no Seixo, con dez xogadores, a pesar delo amosou a cara durante todo o partido deixando unha boa impresión.
O partido comenzou, como case sempre para nós, cun gol en contra, no minuto 20 á saída dun corner. José Taboada remata a bocaxarro, de cabeza no área pequena. A partir dese momento comezamos a xogar o noso fútbol, e 7 minutos despois conseguimos o empate, nun contragolpe de Alberto. A cinco minutos do final da primeira parte, despoixa dunha gran xogada de Carolina, que dá unha asistencia a Hugo, que centra e novamente Alberto fai o segundo gol, co que chegamos ao descanso.
A segunda parte foi un control total, pola nosa banda con tres goles nos
primeiros 15 minutos, o 1º de Bruno dun forte disparo dende fóra do área, o seguinte de Pablo, nun contragolpe e por último Toni nunha gran xogada de equipo. O Arranxar marcou o seu 2º gol por medio do seu mellor xogador Iván Pérez, nunha bonita xogada persoal. O definitivo 6-2 para o Arrabaldo foi obra de Pepe, noutra preciosa xogada persoal.
ALINEACION do ARRABALDO: MIGUEL, PEPE, HUGO, MARCOS, DANI, DIEGO, DANI GUERRA, CAROLINA, PABLO, BRUNO, ALBERTO. Tamén xogaron CHRISTIAN E TONI.
ARRANXAR: FAYE, HUGO, VICTOR, JOSE, JUAN RAMON, CRISTIAN, ROBERTO, JONATHAN, IVAN, DANIEL.


Presidente e adestrador do Arranxar. .....OO porteiro do Arranxar.

Os xogadores do Arrabaldo, retíranse cos deberes cumpridos.