COPA DELEGACIÓN CADETE
S.D. ARRABALDO 2 PABELLÓN C 3
O sábado, a partir das 18,30 o equipo cadete, xogou o derradeiro partido
oficial desta tempada. O partido de carácter oficial, pertencía á liga do Grupo B da Copa Delegación de Ourense. Era o único equipo desta entidade que xogaba partido oficial.
Moito calor e pouca xente no graderio, os dous equipos soamente se xogaban a honrilla da consecución de 3 puntos, pois o Sta. Teresita foi o gañador deste grupo, e será o equipo que xogue a final da Copa Delegación xunto co gañador do grupo A (Celanova ou Antela).
Foi un partido moi igualado, onde poido gañar calquera dos dous equipos. Comenzou o Pabellón marcando os dous primeiros goles. Pouco a pouco o
Arrabaldo foi impoñendo o seu xogo e xogando o contraataque, poidendo dar a sorpresa e incluso gañar o partido.
Moito mellorou o Arrabaldo Cadete, pois empezaron a liga bastante mal pero melloraron xornada a xornada e xa son un equipo bastante competitivo.
Quédalle por demostrar a súa progresión e valía no torneo que van xogar próximamente en Ponteareas, e logo chegarán as vacacións e a disfrutar moito do verán para chegar a pretempada con moitas gañas.
