COPA DELEGACIÓN CADETE
S.D. ARRABALDO 2 OIRA 1
SDC Arrabaldo: Víctor, Luismi, Isma, M.A., Piño, Andrés, Jesús, Bruno, Bardanca, J.D. e Guille. Tamén xogaron Javi, Nóvoa, Abel e Aarón.
O Arrabaldo cadete conseguiu a terceira vitoria consecutiva, na Copa Delegación, tras desfacerse con moitos problemas do Oira, na calurosa tarde do
sábado, no campo do Seixo.
Nunha primeira parte chea de imprecisións por parte de ambos conxuntos, o Arrabaldo era o dominador por completo do balón, pero sen crear apenas ocasión na portería do conxunto pontino. Neste período Bardanca, dianteiro do conxunto do Arrabaldo, dispuxo de ata dúas ocasións claras para adiantar no marcador ó seu equipo.
No segundo acto, o Arrabaldo saiu máis enchufado e seguiu disfrutando de varias ocasións para adiantarse no marcador, ata que unha internada de Bardanca, foi derribado por un defensor do Oira, penalti que sería transformado por Andrés. Unha gran vaselina de Nóvoa poría no marcador o segundo tanto para o Arrabaldo. A falta, de cinco minutos para o final do partido unha falta ben executada polo Oira acurtaría distancias, pero o equipo visitante non crearía mais ocasións.
Con esta victoria, o Arrabaldo sitúase segundo na clasificación, a tres puntos do Santa Teresita, que visitará o Seixo o vindeiro fin de semana, no que se presume un bonito partido, xa que un dos dous equipos ten nas súas mans clasificarse para xogar a final.

Os dous equipos formando xuntos durante o minuto de silencio por Manolo, que formaba parte do Ponte Ourense. Dende Sta. Cruz o noso pequeno homeaxe unha persoa tan querida pola familia pontina.

Equipo cadete do Arrabaldo.
Equipo cadete do Ponte Ourense C.