TORNEO DO CORPUS DE PONTEAREAS DE CADETES
O equipo cadete da S.D. Arrabaldo disputamos este sábado o Torneo cadete do Corpus de Ponteareas.
Saímos moi cedo da gasolinera de Santa Cruz e fomos todos nun autobús. O primeiro partido era ás 10 da mañá ante o Balaídos, no que pola hora ou polo medo a xogar con equipos descoñecidos, o equipo non saíu de todo concentrado e caeu derrotado por 5-0. Despois deste encontro e sen descansar nin 10 minutos, xa tiñamos que disputar o 2º encontro da mañá ante o conxunto portugués do Cerveira, tamén perdimos (3-0) debido tamén o cansancio acumulado e o despliegue físico do equipo portugués. Destacar tamén que neste encontro o entrenador e delegado (Sueco e Ciqui) foron expulsados.
Ó perder os dous encontros do grupo, tocábanos enfrontarnos ao outro equipo de
Ourense polo 5º e 6º posto e logo de descansar unha hora, xogamos contra o C.D.Ourense, puxémoslles as cousas moito máis difíciles xa que chegamos a ir gañando en moitas fases do encontro. Ao final polo cansancio e as distintas lesións dos nosos, fíxonos disputar o partido contando con só un cambio, perdemos 6-4, pero deixando unha moi boa imaxe. Unha vez rematado este encontro e a nosa participación no torneo, optamos por marchar para Praia América e disfrutar alí dunha tarde soleada. A volta paramos na Cañiza a merendar, foi unha xornada de fútbol, por resultados non foi moi boa, pero polo menos pasouse un día moi bo con todos os compañeiros.