I CAMPUS DE ADESTRAMENTO DE STA. CRUZ
O XOVES VISITOUNOS GUDELJ E RATKOVIC
O xoves 1 de xullo dentro das actividades do Campus, contamos coa presenza de dous ex-xogadores coñecidos do R.C. Celta de Vigo, Vladimir "Vlado" Gudelj e Milorad Ratkovic, ainda que xogaron no Celta na década dos noventa, os seus nomes son moi coñecidos para os afeccionados o fútbol.
Gudelj, es un ex fútbolista yugoslavo. Xogou como dianteiro e desenvolveu a maior parte da súa carreira no FK Velež Mostar e no Real Club Celta de Vigo, onde chegou a ser o máximo goleador da Segunda división. Actualmente é o terceiro máximo realizador na historia do Celta en Primeira División, con 68 goles.
Gudelj finalizou a súa carreira futbolística en España xogando para otro equipo galego: o S.D. Compostela.
Milorad Ratkovic, foi centro campista zurdo cun gran manexo do balón. Tiña un disparo notable e anotou goles preciosos, era imparable chegando moi ben á línea de fondo.
Comezou xogando en categorías inferiores do Estrella Roja de Belgrado. A boa tempada no Estrella Roja, chama a atención os dirixentes do Celta e Ratkovic chegaría no verano de 1992 a Vigo. Dende a súa chegada fíxose dono e señor da banda izquierda de Balaídos. Permaneceu no Celta ata a tempada 97-98, onde disputou a final de Copa en Madrid ante o Zaragoza en 1994 e participou na clasificación do Celta para a UEFA. Ratkovic voltou a Vigo para colaborar nas categorías inferiores do Celta.
Achegamos fotos da visita dos coñecidos xogadores-