ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO I CAMPUS DE ADESTRAMENTE DE STA. CRUZ.

 

Luns comezo da actividade no campus, catro grupos cada un co seu monitor e un coordinador.

 Os 67 participantes no campus dividíronse nos seguintes grupos, en función da idade de cada un.

 

Grupo 6, 7, 8 anos. Monitor Miguel; con título de adestrador nivel II; grupo formado por  14 nenos e 1 nena.

Grupo 9, 10 anos. Monitor Diego Suances; con título nivel III; grupo formado por 17 nenos.

Grupo 11, 12 anos. Monitor Oscar Sabucedo, con título nivel II; grupo formado por 15 nenos e  2 nenas. Este monitor tamén trabilla cos porteiros.

Grupo 13, 14, 15 anos. Monitor Javi; con título nivel III; grupo formado por 16 nenos.

Coordinador do campus Diego García; con título nivel III. Adestrador fútbol bae do R.C. Celta de Vigo.

Posteriorrmente fíxeronse algúns cambios nos grupos, en función do nivel futbolístico dos participantes, para conquerir un mellor deseño das actividades.

Cada grupo traballa na cuarta parta do campo coas seguintes premisas:
 
Saen todos xuntos ó círculo central do campo para facer un protocolo de flexibilidade e posteriormente cada monitor, colle o seu grupo e traballa aspectos técnicos e tácticos (control de balón e pase, tiro, regate, orientación do Corpo, cordinación…).
 
A media mañá facemos unha pausa para tomar un tentempé (fruta, bocadillo e bebida)

 Para finalizar facemos varias sesións de tiro e mini partidillos. As tarefas finalízanse sobre as 13.40, e de novo todos xuntos no centro do campo facemos exercizos de flexibilidade.

 O martes, mércores e xoves realizáronse xogos con penaltis e preguntas sobre fútbol nos grupos adestrados por Oscar e Xavi. O xoves contamos coa presenza de Gudelj e Radkovic.
 
 O venres teremos sesión de vídeo sobre hábitos saudables e unha enquisa sobre a valoración do campus.

O sábado clausuraremos o campus, coa participación dos pais, nas actividades programadas, para logo facer entrega dos diplomas acreditativos de asistencia. O acto de clausura, asistirá un directivo do R.C. Celta e unha autoridade do Concello de Ourense.
 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: