O CAMPUS DE ADESTRAMENTOS CONTA CON 67 PARTICIPANTES

 

Onte comezou o Campus que a Fundación Celta de Vigo organiza en colaboración coa S.D. Arrabaldo e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, baixo a dirección de Diego Sarabia (coordinador dos campus da Fundación na provincia de Ourense).

 

A pesar das altas temperaturas os rapaces, que superan con creces as previsións de asistentes, están a disfrutar moito das distintas actividades e xogos que organizan os monitores dende as 9 ata a 13 horas. As actividades teñen lugar no campo do Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo, grazas ó convenio asinado entre a S.D. Arrabaldo e o Real Club Celta de Vigo.

 

O longo da semana seguiremos informando do desenrolo do campus, asi como das distintas actividades que teñan lugar ata o sábado día 3 no que terá lugar a clausura do mesmo. Estas son as primeiras fotos que chegan a esta páxina.

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: