NOTICIAS SOBRE A PRESENTACIÓN DO CAMPUS APARECIDAS NA PRENSA LOCAL

 

Noticia de Ourense Dixital:

 

Presentado o "Campus de Verano" do Celta de Vigo no que colabora o Consello Municipal de Deportes de Ourense
Coa colaboración do Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes, que cede as instalacións, Ourense acollerá o 28 de xuño ao 3 de xullo o "Campus de Verano" da Fundación Celta de Vigo. A actividade está dirixida a nenos de 4 a 15 anos de idade, e tamén conta coa colaboración da Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo desta cidade. Segundo puxeron de manifesto os organizadores no acto de presentación, ao que asistíu polo CMD o concelleiro Fernando Varela, este Campus será de réximen matinal e estará dirixido polos entrenadores das categorías inferiores do Celta de Vigo. Celebraranse coloquios, conferencias e pasaranse vídeos.

Tamén está previsto que xogadores e entrenadores do Celta de Vigo acudan a este Campus para disertar e contar as súas experiencias. O Campus comprende tamén adestramentos específicos para os porteiros, preparación física, estratexia, control de balón, comportamento, etc.

Este Campus de Verán tenta ser un proxecto ambicioso, "estructurado para facer vivir aos nenos como si foran auténticos xogadores profesionais, descubrindo facetas e detalles do fútbol que lles permitan ampliar, perfeccionar e mellorar os coñecemtnos e os fundamentos do fútbol", sinalan os organizadores. Destácase, así mesmo, que os contidos son específicos, xa que tales se diseñan para cada Campus, e están elaborados e asesorados por profesionais de calidade, formación e ampla experiencia. Tales serán coordinadores e entrenadores das categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, como queda dito, así como monitores licenciados en INEF ou carreiras análogas, ou, no seu defecto, entrenadores de Nivel 2

 

Notica aparecida no Faro de Vigo, edicción de Ourense.

 

Picar sobre a noticia para leer e ampliar.

 

 

 

Campo de fútbo do Seixo de Sta. Cruz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: