PRESENTACIÓN CAMPUS DE FÚTBOL PARA NENOS DE 4 A 15 ANOS.

 

ORGANIZA: FUNDACIÓN CELTA DE VIGO

COLABORA: SOCIEDADE DEPORTIVA E CULTURAL ARRABALDO.

DATA CELEBRACIÓN: 28 DE XUÑO A 3 DE XULLO DE 2010.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: O SEIXO STA. CRUZ DE ARRABALDO.

 

Este campus será de réxime matinal.

 

Onte pola mañá, no Pabellón dos Remedios de Ourense, coa presenza de: Noguerol, xogador nado en Cea.Fernando Varela (Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense); Carmela Cuevas (Responsable da Fundación Celta de Vigo); Noguerol (xogador do primeiro equipo do Celta de Vigo, nado en Cea, Ourense); José Ricardo (Delegado do 1ª equipo do Celta de Vigo); Diego Sarabia (Coordinador dos Campus da Fundación en Ourense) e dous representantes da S.D.C. Arrabaldo (Pablo e Diego Suances), presentouse o I Campus de verán a celebrar no campo de fútbol, de O Seixo de Sta. Cruz de Arrabaldo.

 

Este campus será dirixido por adestradores das categorías inferiores do Celta de Vigo, haberá coloquios, conferencias, pasaranse videos sobre diversos temas relacionados co deporte (vida saudable, dietas, tipos de adestramento…). Xogadores e adestradores do Celta, disertaran e contarán as súas experiencias durante os días de celebración. José Ricardo, delegado do primeiro equipo do Celta.


Realizaranse adestramentos específicos para porteiros, preparación física, estratexia, control de balón, hábitos alimenticios, comportamento…

Este campus celébrase en colaboración co equipo de Sta. Cruz de Arrabaldo (equipo convido da Fundación Celta de Vigo) e que conta cunha escola de fútbol, formada por 7 equipos e máis de 140 fichas de xogadores de todas as categorías.

 

O Concello de Ourense, cede as instalacións para a organización do citada Campus.

 

O campus é un proxecto ambicioso, estructurado para facer vivir aos nenos coma se fosen  auténticos xogadores profesionais, e descubrir facetas e detalles do fútbol, que lles permitan ampliar, perfeccionar e mellorar os seus coñecementos e fundamentos deste deporte.


Fernando Varela, concelleiro de DeportesEste campus conta con persoal altamente cualificado: Coordinadores e adestradores das categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, monitores licenciados en INEF ou carreiras análogas, ou na súa falta adestradores Nivel-2.


Os participantes recibirán a visita de xogadores e técnicos do primeiro equipo do Celta. Cada alumno recibe unha equipación oficial para este campus, dispoñeremos de todos os medios e equipos idóneos para cada grupo de idade. A media mañá os nenos dispoñerán dun catering de alimentación cualificada.

 

 

Campo de fútbo de O Seixo de Sta. Cruz de Arrabaldo.

 

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: