O ARRABALDO PODESE PROCLAMAR CAMPIÓN DE 3ª AUTONÓMICA ESTE PRÓXIMO DOMINGO.
Fin de semana de infarto na 3ª Autonómica, Grupo 16, pois 4 partidos decidirán quen será campión (Arrabaldo ou Velle B) e quen será o cuarto equipo que acompañe ao Arrabaldo, Palmés e Sande a 2ª Autonómica (Melón ou Moreiras).
O resto dos partidos non terán máis transcendencia que a honra por gañar ou a consecución de 3 puntos para mellorar na clasificación final.
Na loita polo primeiro posto, parten con vantaxe os de Sta. Cruz, pois xogan como locais, contra o Maside B, que non se xoga nada, e contan con dous puntos de vantaxe sobre o Velle B. Con todo o Velle B ten un partido moi complicado, pois visitan o campo do Sande, moi bo equipo, que aínda que xa teñen o ascenso conseguido, intentarán quedar o máis arriba posible e dar unha satisfacción á súa afección no último partido de liga.
Os outros partidos importantes, serán os que xoguen Moreiras – Cenlle e Melón – Piñor, os dous xogan como locais e parten como favoritos. En caso de gañar os dous, ascendería o Melón,que conta cun punto máis na clasificación. Tanto Cenlle como Piñor son equipos da parte baixa da clasificación, pero non
podemos esquecer a vitoria do Cenlle sobre o Melón na primeira volta.
Se os pronósticos cúmprense e non sucede nada raro, os de Sta. Cruz debíanse proclamar campións e o cuarto equipo en ascender seria o Melón.
En Sta. Cruz teremos un gran partido ao que esperamos asista moito público, pois podemos proclamarnos campións de liga, simplemente co empate, aínda que o máis normal é que os 3 puntos quédense na casa e así alzarnos co primeiro posto independentemente do que faga o Velle B en Sande.

Palmés equipo ascendido que xoga na casa contra o Castrelo de Miño.