O ARRABALDO PARTICIPOU NO TORNEO SOLIDARIO DE AMOEIRO

 

"LA CACA DE LA VACA"

 

Fai tres anos que se lle ocorreu á directiva do Amoeiro unha orixinal idea para sanear as arcas do clube. Dende o primeiro momento o impacto mediático foi enorme e agora, na súa terceira edición, converteuse nunha atracción de masas, facendo un sorteo cada vez máis repleto de actividades complementarias.
Xose Anxo Cid, presidente do Amoeiro, sabe do impacto do seu sorteo, pero empeza a temer un desbordamento nada desexable: “O éxito está asegurado pero téñolle medo á xente que poida vir. Igual veñen 4.000 ou 5.000 persoas”.
O sorteo iniciouse ás cinco da tarde, xusto despois do pregón que deu o actor galego Luís Zahera. Foron oito vacas as que saltaron ó terreo de xogo da Penafita, para determinar quen seria o gañador dos 8 premios que estaban en xogo. A primeira vaca cagou na parcela 484, así sucesivamente foron cagando as 8 vacas, a máis tardia fíxoo na parcela 1347.
O sábado, os organizadores tiñan vendidas máis de 8.000 rifas e confiaban en aumentar notablemente esa cifra na última xornada. “O día do sorteo sempre é cando mais rifas véndense. Imos tentar vendelas todas -14.000-“, asegura José Anxo Cid.
A festa en Amoeiro comezou ás dez da mañá cun Mundialito solidario, que enfrentou a oito equipos infantís e alevíns nun torneo de futbol-7. A hora do xantar houbo unha degustación de tenreira galega ecolóxica.
Despois do sorteo, tivo lugar un campionato de carreiras de carretillas no que participaron  10 equipos. A traca final do día foi o concerto de rock, coa presenza dos grupos Mitocondrias e Escordadura.
Ademais, durante todo o día, houbo asados arxentinos acompañados con actuacións de varios grupo do país suramericano. Menudo desplegue de medios vimos en Amoeiro ademáis dun montón de xente (Directivos, xogadores, socios… ) participaron na organización do espectacular evento.
A S. D. Arrabaldo participou con dous equipos (infantís e alevíns) no torneo solidario, celebrado durante a mañá do sábado. Os infantís perderon o seu primeiro partido cos campións do torneo, o Ponte Ourense e gañaron o 3ª posto a costa do Arenteiro.

O equipo Alevín perdeu os dous partidos xogados, co Arenteiro e logo co Sta. Teresita.

O final entrega de trofeos para tódolos equipos participantes.

 

 

 

Equipo Infantil do Arrabaldo

 

 

Equipo alevín do Arrabaldo

 

 

Entrega de Trofeos:

 

 

 

 

Os dous equipos do Arrabaldo coa vaca animadora.

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: